Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UN BANCO EN PRADO DA CANDA
Un banco para todos, o noso banco.

Aquí temos o único banco que opera en Prado da Canda. A este banco, non lle afectan os tempos convulsos que esta a vivir o mundo financeiro. Nesta peculiar sucursal, non conceden hipotecas e non dan creto a ningún tipo de interese. Este banco, iso si, é moi bo para refuxiarnos da chuvia, sobre todo para os cativos da nosa aldea, que esperan pacientemente pola chega do bus escolar. Este banco non atesoura coleccións de arte, nin ten nos seus fondos nin ouro nin prata, tampouco especula na bolsa ou inviste os seus cartos en lonxanos paraísos fiscais. Aquí atesouranse moitos recordos, recordos da infancia de varias xeracións de mozos e mozas da nosa aldea, aquí buscaba refuxio do frío e da chuvia a mocidade de Prado da Canda. A sucursal bancaria é tamén o forte dos vaqueiros que xogaban contra os indios, podería ser que se convertese en cárcere nos xogos de polis e cacos, ou simplemente servía de confesionario de secretos infantís, ou testemuña dos primeiros amores e bicos. Interesante banco este de Prado da Canda, que atesoura recordos e non cobra comisións por gardalos.
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-12-2011 14:03
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Doces recordos!
Dende logo, un banco moi especial. É unha boa nova saber que segue gardando,e#blgtk08#ntre outros, os meus 'tesouros', por tempo indefinido, e con comisión 0%.
Grazas polo post!
Comentario por Cachorro e Ana (15-12-2011 17:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0