Unha patrulla da Policía Local do Concello de A Cañiza, regula a presencia de gando ceibe na estrada nacional 120, ao seu paso polo municipio de Covelo. O martes día 6 pola tarde, dous axentes da policía local do Concello de A Cañiza liberaban a estrada da presencia de cabalos que ocupaban a calzada. Os axentes da Policía Local da Cañiza recoñecían a este medio que estaban dentro dos limites do municipio de Covelo, cousa que non semellaba preocuparlles dado que o Concello de Covelo non conta a día de hoxe con axente da Policía Local.