Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ATASCO MONUMENTAL POLO PECHE DO TÚNEL DA PARADANTA
O peche do túnel da Paradanta en direccion Vigo – Ourense, provocou unha longa retención de vehículos, dende a Cañiza ate o enlace con Paraños, na estrada nacional 120. O Alto de Fontefria e A Lamosa foron testemuñas desta monumental retención. Nalgúns treitos quedaron ocupados os dous carriles de ascenso da estrada nacional. Un conductor, manifestou que levaba retido dúas horas, aproximadamente, dende a saída da autovía. Os conductores amosaron grandes doses de paciencia, a pesar do intenso calor, que provocou algún desgusto nos motores dos coches. O túnel da Paradanta esta sometido a unhas obras de remodelación, necesarias para mellorar a seguridade do mesmo. A seguridade na estrada é sen dúbida prioritaria á hora de acometer obras, pero que tamén precisan dunha planificación dos traballos, que eviten o acontecido esta fin de semana.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-06-2011 00:28
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal