Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SOLICITOUSE A LIMPEZA DOS CAMIÑOS.
A Executiva da Asociación de Veciños solicitou no Concello a limpeza das cunetas dos camiños. Pediuse a limpeza, dados os problemas que ocasionaron as ervas que atascaron as tubarias de desaugue, ocasionando enchentes de auga durante o inverno do ano pasado. O escrito onde se solicitaron estes traballo é de data do 28 de outubro do 2008, e non tivo resposta algunha por parte das autoridades municipais.

Categoría: XERAL - Publicado o 11-08-2009 17:29
A CONSTRUCCIÓN DA CASA DA CULTURA VAI A BO RITMO.
Incluído os sábados, os operarios traballan na construcción da casa da cultura. O ritmo da construcción é case que frenético. A Asociación de Veciños ve con bos ollos este ritmo, o cal permitiría en breve a inauguración do Centro Sociocultural de Prado da Canda. Os veciños teñen moita ilusión na conclusión desta infraestructura, que no futuro ofrecera a posibilidade de poder contar cun lugar onde poder reunirse e celebrar actividades.

Categoría: XERAL - Publicado o 03-08-2009 13:00
Veciños de Prado da Canda van á Franqueira nas pascuillas.
Moitos veciños de Prado da Canda saíron en peregrinación ao santuario da Franqueia. A Virxe do Rosario, patroa da nosa parroquia, foi levada por un feixe de fieis a cumprir co ritual da pascuillas. A devoción e a festa mestúranse nas pascuillas. Unhas sesenta imaxes peregrinaron este ano á Franqueira, o día de calor fixo mella entre algúns peregrinos. Santa Mariña foi este ano a parroquia encargada de facer a ofrenda. O torreiro da Franqueira, un ano mais, quedouse pequeno para acoller a tanta xente. O cheiro do polbo, os foguetes e mais a musica dos gaiteiros tamén nos recordaban que era un día de festa.
Categoría: XERAL - Publicado o 03-06-2009 13:48
O Concello anuncia a próxima construcción da casa da cultura.
Cartel da obra da Casa da CulturaO Concello de Covelo ven de anunciar a próxima construcción da casa da cultura de Prado da Canda. Colocou un cartel nas inmediacións da construcción da Casa da Cultura. No cartel podemos ver a empresa constructora e o orzamento da obra. É unha lastima que non apareza nin data do comezo da construccion nin tampouco a data do remate da mesma, moito nos tememos que esta infraestructura sexa utilizada electoralmente polo Alcalde nos vindeiros anos.
A AVV estará atenta, de momento non se cumpriu o primeiro prazo anunciado polo Alcalde, que anunciou o inicio das obras para o mes de Abril, cousa que non aconteceu. A colocación do cartel parece mais obedecer a unha estratexia de publicidade que á de asumir os compromisos adquiridos. Como diría Sabina ?¿quien me ha robado el mes de Abril ??, parece que no Concello de Covelo se fan a mesma pregunta.
Categoría: XERAL - Publicado o 03-06-2009 13:00
GRAZAS A TODOS POR ACUDIR UN ANO MAIS
A pesar do frío cumpríronse as expectativas previstas pola AVV. A organización do serán de Prado da Canda do 2009 agradece a asistencia do publico que acudiu á convocatoria. A pesar do intenso frío cumpríronse as expectativas de asistencia do publico en xeral e tamén de grupos de musica tradicional como tamén bailaríns. Os asistentes deron boa conta dos chourizos, do pan de millo e do viño. Aínda que o mais celebrado foi o remate final, con chocolate ben quentiño, cousa que o publico agradeceu especialmente.
A AVV xa comeza a preparar a organización do serán do 2010. Son moitas as mostras de apoio e animo para seguir a organizar este evento que a AVV de Prado da Canda organiza con moito esforzo e poucos medios no concello de Covelo.
Categoría: XERAL - Publicado o 14-01-2009 16:11
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0