Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Busca as diferencias
Nestas fotos podemos apreciar algunhas diferencias, as fotos foron realizadas no mesmo lugar, só hai uns aniños de diferencia. A foto antiga é do final dos anos 60.






FAI CLICk NO SEGUINTE ENLACE:


Categoría: XERAL - Publicado o 08-10-2009 10:21
Os Folieiros acompañaron á Nosa Sra. Do Rosario en Prado da Canda.



O grupo de gaitas OS FOLIEIROS, fixeron un pasarrúas pola aldea, despois puxéronlle musica á procesión da Virxe do Rosario. Rematada a procesión, a interpretación dos acordes marcaron o compas dos danzantes que bailaron para a Virxe do Rosario. OS FOLIEIROS levan uns anos acompañándonos na festa do Rosario. Interpretan de forma agarimosa os acordes da Danza de Prado da Canda, cousa que de seguro agradeceran os bailadores e bailadoras.
Categoría: XERAL - Publicado o 07-10-2009 12:05
Outra reviravolta da danza de Prado da Canda
Un ano mais os mozos e mozas da nosa aldea volveron a danzar para a Virxe do Rosario. Un ano mais o publico aplaudiu os pasos da danza. As xeracións van collendo o relevo pouco a pouco. Os que precederon aos actuais bailadores e bailadoras observan con orgullo as reviravoltas que eles mesmos interpretaban na súa xuventude, e que agora os mozos e mozas executan. Agora queda esperar un ano mais á próxima cita coa Virxe do Rosario.









Categoría: XERAL - Publicado o 06-10-2009 13:15
As orquestras da festa do Rosario animaron ao publico asistente.



Aínda que choveu o grupo Atenas e o trío 3.COM animaron ao publico asistente. O publico entregouse animadamente ao ritmo da musica. Ámbolos dous grupos fixeron unha festa moi animada que de non ser pola chuvia seria con toda seguridade mais concorrida. Os membros da comisión pasaron moito traballo para conseguir a financiación da verbena. A Comisión de festas esta composta por catro mulleres, Mari Carmen é a que mais tempo leva, en concreto dez anos, todo un reto tendo en conta o traballo que leva organizar unha festa.
Categoría: XERAL - Publicado o 06-10-2009 00:05
A Comunidade de Montes convoca aos comuneiros.




A Xunta Rectora da Comunidade de Montes convoca aos comuneiros a unha Asemblea Extraordinaria. Nesta Asemblea Extraordinaria a Xunta Rectora presentara o proxecto do Plan Técnico de Ordenación do Monte Comunal de Prado da Canda. Os comuneiros debateran sobre os contidos que este Plan Técnico reserva para o noso monte comunal, así tamén se aprobaran, se procede, as posibles modificacións. Un dos tecnicos que redactou este plan técnico asistira á Asemblea Xeral co fin de aclarar calquera dubida que poda xurdir entre os asistentes.
Categoría: XERAL - Publicado o 05-10-2009 18:41
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0