Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Veciños da aldea colaboraron na extinción do incendio do verán do 2006.


Na fotografía non están todos. A fotografía foi realizada no incendio que queimou unha boa parte noso monte no verán do 2006. Foron moitos os veciños que non dubidaron en colaborar na extinción do lume. A Comunidade de Montes tivo na actitude voluntariosa dos veciños e veciñas, comuneiros e non comuneiros unha axuda inestimable. A pesar de contar sen medios a xente acudiu ao monte a tentar poñerlle coto ao lume. No 2006 como tantos outros anos o lume foi protagonista do verán. O lume que afectou ao noso monte foi unha extensión do que se provocou na Caniza. As comunidades de montes veciñas ofreceron os seus medios. Paraños ofreceu batelumes, e tamén un tractor con cisterna, no caso de que o lume chegase ás casas. A Comunidade de Parada de Santiago ofreceu unha paleadora que serviu para facer un corta lumes no Coto da Laxe.
A Comunidade de Montes de Prado da Canda agradece a colaboración e a solidariedade de todas as persoas que colaboraron desinteresadamente na extinción do lume.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-10-2009 21:16
A comunidade de montes de Prado da Canda celebra unha Asemblea Extraordinaria.
O próximo 18 de Outubro pola tarde ás 17:00 horas, tera lugar no local do Bar Rio Azal, unha Asemblea Extraordinaria da Comunide de Montes. O tema a tratar é moi importante, xa que se debatirá o Pan Técnico de Ordenación do Monte Comunal. Un técnico redactor, tamén vai a asistir á reunión, coa finalidade de aclarar calquera dubida que poida xurdir. Con este proxecto a Comunidade de Montes vai ter nas súas mans unha ferramenta moi importante para planificar os traballos no monte comunal, que axuden a por en valor os bens que ofrece a natureza.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 15-10-2009 19:54
Voluntarios traballando no Monte Comunal de Prado da Canda.
No verán do 2004, a Comunidade de Montes, mediante convocatoria realizou traballos de limpeza e reparación na chamada ?Piscina do Crego?. Instalouse unha tubaria nova, e limpouse o interior do vaso da piscina. O traballo foi realizado por voluntarios que acudiron á convocatoria da Comunidade de Montes.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-10-2009 16:46
SABIAS QUE ?
O punto mais alto do Monte Comunal de Prado da Canda, é o Coto da Laxe. Atopase a 801 metros de altitude, así o di o Instituto Xeográfico Nacional. O Coto da Laxe serve de divisoria entre os concellos de Covelo e a Caniza, tamén é divisoria entre os montes comunais de Prado da Canda e Santiago de Parada. Dende o Coto da Laxe podemos ver un boa panorámica, aquí tendes algunhas fotos...

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-10-2009 17:46
Vídeo - Danza de Prado da Canda 2009
Agora podedes ver un vídeo do que foi a Festa do Rosario, a procesión e a Danza son os protagonistas deste vídeo, haber si é do voso agrado. Gustaríanos que vos fixedes na intensidade do aplauso final, sen dubida resultado da emoción acumulada. Que o disfrutedes.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-10-2009 00:45
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0