Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Executiva da Asociación de Veciños prepara a Asemblea Xeral.
A Asociación de Veciños prepara a Asemblea Xeral que terá lugar o domingo 22 de Novembro, ás 11:00 horas, a día de hoxe esta sen determinar o lugar. A Executiva levara á Asemblea Xeral entre outros temas a rehabilitación da fonte da Aldea de Arriba, e tamén o calendario de actividades entre as que cabe destacar o Serán e mais unha exposición de fotos antigas do Arquivo de Imaxes da Asociación de Veciños.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-10-2009 11:49
Arquivo de Imaxes de Prado da Canda.
No mes de Xuño do 2007 nacía o Arquivo de Imaxes da Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda. A Asociación de Veciños co animo de recuperar imaxes da aldea, tanto dos veciños como da vida social creaba o Arquivo de Imaxes. No mes de agosto daquel ano a Asociación de Veciños organizaba unha exposición dunha parte do arquivo de imaxes, co seguinte lema ? Exposición de fotos vellas, bellas fotos?. Moitos foron os veciños que acudiron a ver as fotos expostas, moitos deles recoñecéronse, e tamén botaron en falta aos que xa non están entre nós. O Arquivo de Imaxes segue a recoller fotos cos criterios de que nas imaxes se poida ver, como eran os camiños, os paisaxes en definitiva que se nos mostre como era Prado da Canda e as xentes que o habitaban. Agora pouco a pouco se iran colgando no blog ?Prado da Canda imaxes? parte dos fondos que a día de hoxe ten o Arquivo de Imaxes da Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda. Agora podedes ver o cartel da primeira exposición que organizou o Arquivo de Imaxes, e tamén algunhas persoas observando as fotos.








PARA VER MAIS


FAI CLICk NO SEGUINTE ENLACE:



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-10-2009 17:54
Os Cotos da Bouza son de interese paisaxístico no Plan Técnico de Ordenación do Monte Comunal de Prado da Canda.
O Plan Técnico de Ordenación do Monte Comunal recolle os Cotos da Bouza, como un lugar de intres paisaxístico e social. As actuacións que no futuro se realicen neste espacio deberan ter en conta o valor paisaxístico e social deste enclave no monte comunal. Dende os Cotos da Bouza se ten unha panorámica de todo o val. O Coto da Bouza é o lugar dende se bendice á aldea no día do cerco. Aquí podemos ver algunhas imaxes.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-10-2009 00:23
Foto dunha labrada en Prado da Canda.



FAI CLICk NO SEGUINTE ENLACE:


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-10-2009 20:19
Os comuneiros de Prado da Canda aproban o Plan Técnico de Ordenación do Monte Comunal.
Os comuneiros de Prado da Canda en Asemblea Xeral Extraordinaria, celebrada o pasado 18 de Outubro, aprobaron o Plan Técnico de Ordenación do seu Monte Comunal. Antonio Mota enxeñeiro forestal da empresa Braña, explicou aos presentes en que consiste o Plan Técnico de Ordenación. Presentou diversos mapas coa ordenación do territorio do monte comunal. O Plan Técnico desenvolvese no eido forestal e tamén no social. Compaxina un desenvolvemento forestal sostíbel, complementado cunha posta en valor do uso social do monte. No Plan Técnico de Ordenación se contemplan lugares de interese paisaxístico como pode ser co Coto do Brete, onde se ten unha voa panorámica cara ao oeste norte e leste. Os contornos e paisaxes (Cotos da Bouza, Rega da Vería, Fonte da Prata e o Curro ) singulares son localizados e recollidos no Plan Técnico de Ordenación co fin de darlle protección a vindeiras actuacións non monte comunal.



O COTO DO BRETE




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-10-2009 18:33
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0