|
|
|
A FRANQUEIRA CELEBRA OS POXOS |
|

Os esforzos organizativos do Santuario, permiten acoller a centos de fieis sen problemas.
O Santuario da Franqueira, celebrou a ofrenda dos poxos. O carro do pais empuxado por vacas, poucos bois quedan na nosa terra, volve a ser o centro de atención na procesión celebrada despois da misa solemne. Os danzances e gaiteiros dan alegría e color a unha celebración que para moitos asistentes, esperta recordos dunha infancia e xuventude longamente superada. Podemos ver como avós e avoas e tamén pais, queren fotos das vacas cos seus familiares, nesas imaxes tomadas con modernos dispositivos, aparece tamén a Virxe da Franqueira, motivo e escusa para pasar un día coa familia.
|
|
|
|
EXPOSICIÓN DE ROBERTO DE LA TORRE |
|

O colectivo veciñal prepara a exposición de imaxes que se celebra cada dous anos.
A Asociación de Veciños está organizando unha exposición fotográfica. O colectivo veciñal ven organizando esta actividade cada dous anos. A mostra realizarase no marco da Festa da Nosa Sra. do Rosario. Roberto de la Torre é o fotografo convidado a amosar o seu traballo, as imaxes que aporta, recollen costumes ascentrais e festividades do rural da nosa terra. O Centro Socio Cultural de Prado da Canda acollerá a exposición.
Para saber mais podemos facer click nas seguintes enlaces:
Enlace 1: https://www.roberdelatorre.com/nos-eidos-da-fe/
Enlace 2: http://fujistas.com/roberto-de-la-torre/ |
|
|
|
OBRAS NA ALDEA DE ARRIBA |
|

Os traballadores municipais, remataron as melloras do lavadoiro e fonte da Aldea de Arriba.
O Concello ven de rematar os traballos de limpeza e acondicionamento da fonte da Aldea de Arriba. Os traballos comezaron días despois de que a Asociación de Veciños mantivese unha reunión co alcalde. As melloras realizadas polo Concello son continuadoras das que no seu día comezou a realizar o colectivo veciñal. A pedra, a madeira e o ferro son os materiais utilizados nesta mellora. A pía do lavadoiro foi reparada e pintada no seu interior.
|
|
|
|
FESTA EN PRADO DA CANDA |
|

Os bailadores preparan con ilusión a danza ancestral da parroquia.
A primeira fin de semana do mes de outubro acollerá a festa de Prado da Canda. As festas, na honra da Nosa Sra. do Rosario, contaran coa actuación das orquestras Arena e Amazonas. A danza volverá a acompañar e recoller a imaxe da Virxe do Rosario. Os bailadores levan xa días ensaiando os pasos aprendidos xeración tras xeración. Aquí deixamos o cartace co programa da festa.
|
|
|
|
FESTA NA LAMOSA |
|

Fieis procedentes de distintos lugares acoden a esta romaría, sendo moi multitudinaria.
A parroquia da Lamosa celebra esta fin de semana a festa da Nosa Sra. do Libramento. Os mais bailadores, teñen a súa oportunidade coas actuacións das orquestras Claxxon e Talismán, que de seguro consiguerán animar á festa. Como sempre os actos relixiosos de mais relevancia están reservados para o domingo, tendo o a misa solemne ás 12:00. Aquí deixamos un cartace con mais información.
|
|
|
|
|
|
|