|
|
|
MOI INTERESANTE |
|
En todas as mans from trespes on Vimeo. |
|
|
|
ARRANXO DE CAMIÑOS EN PRADO DA CANDA |
|
A veciñanza, espera que as obras se realicen con criterios que permitan unha boa conservación dos traballos a realizar.
Despois de moitos anos demandando o arranxo do camiño da Arigua, parece que agora o Concello vai a realizar as obras precisas para mellorar esta vía. Ademais do vieiro mencionado, o Concello premia a paciencia da veciñanza arranxando tamén o vía da Porteliña, un traxecto que tamén precisa a visita dos operarios que permitan poñer en condición o firme do mesmo. O presuposto para o vieiro da Arigua é de 15.018 euros, algo menos é o gasto estimado para a Porteliña, que é de 13.055 euros. A duración das obras esta prevista para dous meses. Aquí deixamos uns planos das obras.
CAMIÑO DA ARIGUA

CAMIÑO DA PORTELIÑA
 |
|
|
|
ÉXITO DA FEIRA SOLIDARIA NO SANTUARIO DA FRANQUEIRA |
|

O bo tempo facilita a compra na feira organizada por Cáritas Interparroquial Nosa Señora da Franqueira.
Hoxe celebrouse a primeira xornada da Feira Solidaria, celebrada no Santuario da Franqueira. Cáritas interparroquial preparou con esmero a presentación dos productos que foron doados xenerosamente. A concorrencia é positiva, as cifras nada teñen que ver coa cantidade de consumidores que estes días festivos ateigan as grandes superficies e diversos centros comerciais. O propósito da feira, é recadar fondos para fornecer a axuda que precisan persoas e familias da comarca en apuros económicos e sociais. Os consumidores deste mercado, son sabedores desta finalidade e mercan mais co corazón, que coa necesidade de mercar algo que realmente se necesite.
|
|
|
|
FEIRA SOLIDARIA NA FRANQUEIRA |
|
Cáritas ofrece cobertura a familias que pasan por momentos de angustia económica e social.

Cáritas interparroquial ?Nosa Señora da Franqueira? prepara unha feira solidaria. Os días 8 e 11 de decembro, o Santuario da Franqueira acolle esta iniciativa social en horarios de mañá e tarde. Coas ventas dos productos ofrecidos, pódese mellorar a economía desta importante labor, que ten continuidade durante todo o ano.
PARA PENSAR ...
|
|
|
|
UN POUCO DE SOSEGO POR FAVOR |
|
 |
|
|
|
|
|
|