A Asociación de Veciños considera necesaria esta pequena intervención.
O pequeno parque infantil, tamén coñecido como xardín da infancia xa ten uns anos, e como nos pasa a nós precisa unha pequena posta a punto. O colectivo veciñal de Prado da Canda vai facer unha pequena operación estética, onde se reparará a valla de madeira do perímetro do parque, afianzar os postes, repoñer a madeira que foi caendo e por ultimo protexer cun verniz toda a valla.
A veciñanza de Prado da Canda satisfeita cos traballos realizados.
O camiño da Costa luce deste xeito despois dos traballos realizados para o seu arranxo. Este camiño presentaba un forte, deterioro froito do abandono de moitos anos. Agora a veciñanza goza da comodidade que representa o acondicionamento desta vía de comunicación da nosa aldea.
A veciñanza leva anos esperando estas obras, moi necesarias para facilitar o transporte de diversos servicios.
O Concello comezou as obras para mellorar o firme e mais a evacuación de augas pluviais. As maquinas traballan no camiño da Arigua e no da Costa. Ámbolos dous levan anos sufrindo o abandono, propio dunha conservación axeitada. O acondicionamento destas vías, facilitará un mellor aceso dos servicios necesarios que permiten ter unha mellor calidade de vida.
Os fieis de ámbalas dúas parroquias saíron cos santos.
Pasaron xa as imaxes do cerco, pechando así o ciclo do pasar do tempo, que ano a ano nestas datas, preto da celebración do San Sebastián, as imaxes percorren sendeiros e camiños. As casas quedan dentro deste cerco, recibindo a bendición dende o punto mais alto da parroquia. Aquí deixamos unha fotos dos cercos de Paraños e Prado da Canda.