As follas das arbores do torreiro acompañaban ós pes dos bailadores e bailadoras.
O outono vai abríndose paso día a día no calendario. Van quedando na memoria os días de festas e verbenas. Este ano o sol acompañou á danza da nosa aldea. O calor animou a celebración un ano mais do vello ritual. Aquí deixamos unha fotos ...
Nestes días chega o frío, ala no recordo, van quedando os días de calor, o outono ábrese paso, e a festa de Prado da Canda anuncia a súa presencia nos taboleiros e naqueles lugares que se presten a anunciar o acontecemento. Este ano serán os días 30 de setembro e 1 de outubro, os que acollan a festa. Os curiosos e a veciñanza poderá ver a interpretación dos pasos da danza da nosa aldea. Aquí deixamos o cartace onde podemos ver os horarios ...
O Santuario leva preparando con tempo a organización da acollida dos peregrinos.
Unha vez mais o Santuario da Franqueira está preparado para acoller a un xeneroso numero de peregrinos. Estes días a Franqueira faise grande ao mesmo tempo que pequena. Sen dubida se fai pequena porque a parroquia en si o é, pero grande porque moitas persoas veñen de distintos puntos xeográficos a pedir ou a cumprir as promesas. O día álxido é o oito de setembro, celebrando a eucaristía das doce, o señor bispo da diocese Tui-Vigo. Aquí deixamos un enlace co cartace das celebracións e horarios.
Os comuneiros e comuneiras de Covelo logran o recoñecemento da ONU
A Comunidade de Montes Santiago de Covelo, foi incluida na lista das Nacións Unidas de espazos naturais ben xestionados por colectivos locais. É un dos dous espacios naturais escollidos dentro do estado español, o cal ven a significar aínda mais o ben que se xestiona este monte no municipio de Covelo. O feito de ser xestionado por unha colectividade dálle mais relevancia a este recoñecemento. Aquí deixamos a nota de agradecemento do presidente da Comunidade de Montes de Santiago de Covelo, Alex Cendón:
?Este é un recoñecemento a un traballo constante a prol do común ao longo de moitos anos, moitas veces silandeiro e solitario, realizado nun ambiente político hostil, dominado polo clientelismo e o caciquismo máis puros, herdeiros da ditadura fascista do 36. Moit@s veciñ@s aínda non comprenden cal é a motivación do noso traballo pois a barbarie política só lles aprendeu que o lexítimo é só loitar polos intereses propios, individuais e egoístas por riba de calquera consideración política, moral ou legal (velaí a fonte da corrupción do noso sistema político-institucional). Así xustifican e normalizan a carretaxe de votos, o enchufismo, as prebendas, as "mordidas"... en fin, o comportamento aleatorio na política lonxe da isonomía, da xustiza. Non entenden o traballo a prol do colectivo, das redes relacionais que fan posíbeis as nosas vidas.
Arestora o neoliberalismo tenta solapar a existencia do común, desas redes relacionais, para lexitimar a súa dominación, a dominación dunhas pouc@s sobre @s moit@s, como se os privilexios fosen unha consecuencia lexítima, un dereito inexpugnábel das elites polo simple feito de ser quen son, sen relación coa vulnerabilidade d@s demais. Queren ocultar (en palabras de Judith Butler) que "os corpos fórmanse e sostéñense apoiándose nas infraestructuras (ou na súa ausencia) e en redes sociais e tecnolóxicas ou nun tramado de relacións; e lembremos que as súas relacións constitutivas son sempre de carácter económico e histórico".
Este recoñecemento é un exemplo de que é posíbel aínda así facer cousas á marxe dese poder predador, con tesón, respecto, humildade e bo facer. É unha aposta polo colectivo, polo común, ese substrato relacional compartido que tentan tapar as elites que nos gobernan, interesadas soamente en poñer o acento no individuo, no isolacionismo social, no neoliberalismo rampante, na fantasía do suxeito autónomo autovinculante. Precisamente a ONU o que recoñece é o traballo de pequenas comunidades locais nos seus territorios comunais, colectivos; a súa aposta pola sustentabilidade de maneira independente das administracións, dende a base, democraticamente e transparentemente, algo simple e enorme á vez. Que florezan máis iniciativas a prol do común!?