|
|
|
Magosto para o día un de novembro en Prado da Canda |
|

Si a choiva o permite se celebrará no Torreiro de Prefeuto Castillo, no caso de mal tempo se trasladará á Casa da Cultura.
A veciñanza de Prado da Canda coloca unha placa simbolica en homenaxe a Perfeuto Castillo. O torreiro da igrexa luce o nome do moi querido veciño, homenaxeado recentemente cun acto festivo na Casa da Cultura da nosa aldea. Na festividade do próximo día un, esta prevista a celebración dun magosto neste lugar ás 17:00 horas. Pola mañá, si a climatoloxía o permite, ás 10: 30 os peques poderán is buscar foupa e castañas acompañados polos maiores. De xeito non oficial e sempre dende o cariño quedamos convocados para o día 1 de novembro, no torreiro da igrexa, que para a veciñanza da nosa aldea é o torreiro de Perfeuto Castillo.
|
|
|
|
O bispo visitou a nosa parroquia |
|

D. Luis Quinteiro Fiuza , acompañou á veciñanza de Prado da Canda na súa festividade.
O bispo da nosa diocesis celebrou a misa maior da festividade da Nosa Sra. do Rosario na nosa parroquia. Foi testemuña do baile, que un ano mais, como ven sendo costume dende non se sabe canto tempo, fixeron os bailadores da Danza de Prado da Canda. O frío non desanimou aos asistentes, que se animaron a acercarse a nosa aldea e contemplar este antigo baile. |
|
|
|
A danza de Prado da Canda un ano mais para a memoria |
|
As follas das arbores do torreiro acompañaban ós pes dos bailadores e bailadoras.
O outono vai abríndose paso día a día no calendario. Van quedando na memoria os días de festas e verbenas. Este ano o sol acompañou á danza da nosa aldea. O calor animou a celebración un ano mais do vello ritual. Aquí deixamos unha fotos ...

|
|
|
|
Festa da Nosa Señora da Rosario |
|
Prado da Canda celebra a súa festa grande.

Nestes días chega o frío, ala no recordo, van quedando os días de calor, o outono ábrese paso, e a festa de Prado da Canda anuncia a súa presencia nos taboleiros e naqueles lugares que se presten a anunciar o acontecemento. Este ano serán os días 30 de setembro e 1 de outubro, os que acollan a festa. Os curiosos e a veciñanza poderá ver a interpretación dos pasos da danza da nosa aldea. Aquí deixamos o cartace onde podemos ver os horarios ...
|
|
|
|
Romaría da Franqueira |
|

O Santuario leva preparando con tempo a organización da acollida dos peregrinos.
Unha vez mais o Santuario da Franqueira está preparado para acoller a un xeneroso numero de peregrinos. Estes días a Franqueira faise grande ao mesmo tempo que pequena. Sen dubida se fai pequena porque a parroquia en si o é, pero grande porque moitas persoas veñen de distintos puntos xeográficos a pedir ou a cumprir as promesas. O día álxido é o oito de setembro, celebrando a eucaristía das doce, o señor bispo da diocese Tui-Vigo. Aquí deixamos un enlace co cartace das celebracións e horarios.
Facer clik, aquí
|
|
|
|
|
|
|