Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A danza de Prado da Canda un ano mais para a memoria
As follas das arbores do torreiro acompañaban ós pes dos bailadores e bailadoras.


O outono vai abríndose paso día a día no calendario. Van quedando na memoria os días de festas e verbenas. Este ano o sol acompañou á danza da nosa aldea. O calor animou a celebración un ano mais do vello ritual. Aquí deixamos unha fotos ...

Danza de Prado da Canda 2017




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 05-10-2017 22:08
Festa da Nosa Señora da Rosario
Prado da Canda celebra a súa festa grande.


Imagen-088


Nestes días chega o frío, ala no recordo, van quedando os días de calor, o outono ábrese paso, e a festa de Prado da Canda anuncia a súa presencia nos taboleiros e naqueles lugares que se presten a anunciar o acontecemento. Este ano serán os días 30 de setembro e 1 de outubro, os que acollan a festa. Os curiosos e a veciñanza poderá ver a interpretación dos pasos da danza da nosa aldea. Aquí deixamos o cartace onde podemos ver os horarios ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-09-2017 12:53
Romaría da Franqueira
A Franqueira




O Santuario leva preparando con tempo a organización da acollida dos peregrinos.


Unha vez mais o Santuario da Franqueira está preparado para acoller a un xeneroso numero de peregrinos. Estes días a Franqueira faise grande ao mesmo tempo que pequena. Sen dubida se fai pequena porque a parroquia en si o é, pero grande porque moitas persoas veñen de distintos puntos xeográficos a pedir ou a cumprir as promesas. O día álxido é o oito de setembro, celebrando a eucaristía das doce, o señor bispo da diocese Tui-Vigo. Aquí deixamos un enlace co cartace das celebracións e horarios.

Facer clik, aquí
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-09-2017 18:02
Santiago de Covelo nas Nacións Unidas

Os comuneiros e comuneiras de Covelo logran o recoñecemento da ONU

A Comunidade de Montes Santiago de Covelo, foi incluida na lista das Nacións Unidas de espazos naturais ben xestionados por colectivos locais. É un dos dous espacios naturais escollidos dentro do estado español, o cal ven a significar aínda mais o ben que se xestiona este monte no municipio de Covelo. O feito de ser xestionado por unha colectividade dálle mais relevancia a este recoñecemento. Aquí deixamos a nota de agradecemento do presidente da Comunidade de Montes de Santiago de Covelo, Alex Cendón:

“Este é un recoñecemento a un traballo constante a prol do común ao longo de moitos anos, moitas veces silandeiro e solitario, realizado nun ambiente político hostil, dominado polo clientelismo e o caciquismo máis puros, herdeiros da ditadura fascista do 36. Moit@s veciñ@s aínda non comprenden cal é a motivación do noso traballo pois a barbarie política só lles aprendeu que o lexítimo é só loitar polos intereses propios, individuais e egoístas por riba de calquera consideración política, moral ou legal (velaí a fonte da corrupción do noso sistema político-institucional). Así xustifican e normalizan a carretaxe de votos, o enchufismo, as prebendas, as "mordidas"... en fin, o comportamento aleatorio na política lonxe da isonomía, da xustiza. Non entenden o traballo a prol do colectivo, das redes relacionais que fan posíbeis as nosas vidas.
Arestora o neoliberalismo tenta solapar a existencia do común, desas redes relacionais, para lexitimar a súa dominación, a dominación dunhas pouc@s sobre @s moit@s, como se os privilexios fosen unha consecuencia lexítima, un dereito inexpugnábel das elites polo simple feito de ser quen son, sen relación coa vulnerabilidade d@s demais. Queren ocultar (en palabras de Judith Butler) que "os corpos fórmanse e sostéñense apoiándose nas infraestructuras (ou na súa ausencia) e en redes sociais e tecnolóxicas ou nun tramado de relacións; e lembremos que as súas relacións constitutivas son sempre de carácter económico e histórico".
Este recoñecemento é un exemplo de que é posíbel aínda así facer cousas á marxe dese poder predador, con tesón, respecto, humildade e bo facer. É unha aposta polo colectivo, polo común, ese substrato relacional compartido que tentan tapar as elites que nos gobernan, interesadas soamente en poñer o acento no individuo, no isolacionismo social, no neoliberalismo rampante, na fantasía do suxeito autónomo autovinculante. Precisamente a ONU o que recoñece é o traballo de pequenas comunidades locais nos seus territorios comunais, colectivos; a súa aposta pola sustentabilidade de maneira independente das administracións, dende a base, democraticamente e transparentemente, algo simple e enorme á vez. Que florezan máis iniciativas a prol do común!”


Podemos ver a boa nova seguindo este enlace: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/09/03/montes-gallegos-froxan-covelo-distinguidos-onu/0003_201709G3P30991.htm

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-09-2017 12:06
Prado da Canda celebra o 25 de Xullo
O colectivo veciñal prepara como nos últimos anos unha pequena xuntanza.


VIII_festa_2017copia

Un ano mais o colectivo veciñal prepara a festa do 25 de xullo, festividade de Santiago apóstolo, que entre outros honores é patrón da nosa aldea onde o seu nome forma parte do nomenclátor da nosa parroquia. O propio colectivo identificase como Asociación Veciñal Santiaguino de Prado da Canda, recollendo así o topónimo parroquial. A veciñanza ven desfrutando desta festa que se recuperou despois de moitos anos. Moitas persoas aproveitan a ocasión para desfrutar dunha xornada de lecer. Aquí deixamos o anuncio da festa ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-07-2017 07:24
Procesión do Cristo da Agonía na Cañiza
Moitos fieis acompañaron ás imaxes que saíron á rúa, onde os organizadores non escatimaron esforzos para que todo saíse ben.

Cristo da Cañiza


Fai uns días celebrouse a procesión do Cristo da Agonía na Cañiza. A procesión foi a guinda das festas celebradas durante estas xornadas. O ritual relixioso é esperado por unha gran parte da veciñanza que ve neste acto un motivo de emocións, pola contra para outros veciños supón unha viaxe a tempos mais angustiosos para as liberdades, dada a proliferación de tricornios, uniformes caquis e autoridades civís e relixiosas, tal como se daba moitos anos atrás. Aquí deixamos unhas fotos ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-07-2017 18:21
As pascuillas
Fotos de Roberto de la Torre.

Pascuillas 2017




Aquí deixamos unhas fotos que xenerosamente cedeu Roberto de la Torre. Imaxes que pasarán a formar parte da memoria da parroquia


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 05-07-2017 19:14
As pascuillas da Franqueira
Prado da Canda realiza unha xenerosa ofrenda

Pascuillas 2017

As pascuillas que se acaban de celebrar, sen dubida pasarán a formar parte nun recuncho especial na memoria da veciñanza de Prado da Canda. A nosa parroquia foi a encargada de facer a ofrenda á Virxe da Franqueira. A xornada foi intensa, os nervios fixéronse ver, xa nos meses previos as persoas encargadas da organización viviron un intenso traballo. A recompensa a este esforzo valeu a pena.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-06-2017 11:12
Prado da Canda, pequena protagonista das pascuillas
Despois de viente e cinco anos, a nosa parroquia volve a facer a ofrenda nesta sinalada xornada


carteles-pascuillas-2017web


A parroquia de Prado da Canda realizará a ofrenda nas pascuillas. Este ano a nosa parroquia será a encargada de facer a ofrenda despois de vinte e cinco anos. Como conmemoración daquela ocasión os fieis preparan con ilusión tódolos detalles desta celebración. Os colectivos veciñais, tanto a Comunidade de Montes como a Asociación de Veciños, fixeron un esforzo para tentar ofrecer unha boa cara da nosa parroquia. O Concello de Covelo tamén implicouse na causa dado que limpou de maleza algunhas pistas forestais, facilitando así o paso dos peregrinos e das imaxes que portan dende as diversas parroquias de orixe.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-06-2017 08:03
Prado da Canda realiza traballos de mantemento
A Xunta Reitora da Comunidade de Montes, procede a realizar traballos aprobados polos comuneiros na ultima asemblea.

Regia da Vería

A Comunidade de Montes ven de acondicionar o entorno da Regia da Vería e mais a Fonte da Prata. Os traballos centráronse na retirada da maleza, reposición de un dos piares da entrada, reparación de bancos de pedra e valados, así como tamén reposición dun adorno de canteira. Aproveitáronse os traballos para soterrar un novo tubo coa finalidade de canalizar a auga sobrante da fonte. Puxéronse pedras para impedir a entrada e vehículos nas inmediacións da fonte. Aquí deixamos algunhas fotos
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 29-05-2017 23:56
Prado da Canda repara o parque infantil
Os traballos de mantemento ofrecen uns bos resultados.


Parque infantil

O parque infantil da nosa aldea remozou, despois do traballo de reparación e vernizado da valla que pecha o perímetro da area de xogos. Repúxose a madeira que co paso dos anos foi caendo, afirmáronse as gretas existentes, alienáronse pezas que coa humidade foron perdendo a súa forma orixinal. Aínda quedan tarefas por facer para que quede rematado este pequeno traballo de mantemento.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-05-2017 23:07
Prado da Canda volve a lucir a súa sinal de identidade
O indicador da parroquia sufriu o paso do tempo, cumpría unha reparación.


Prado da Canda


O colectivo veciñal de Prado da Canda ven de repoñer o cartace de sinalización da nosa aldea. Este indicador foi colocado xa fai uns anos, presentaba un grave deterioro o que urxía á súa reparación. Aquí deixamos unha fotos de como estaba e de como luce unha vez reparado.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-05-2017 07:23
© by Abertal