Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A ASEMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS XA TEN DATA
O domingo, 4 de decembro, é a data escollida para celebrar o debate de onde a de saír o Plan de Traballo para o 2012


A Asemblea Xeral da Asociación de Veciños Santiago de , será o 4 de decembro. A primeira planta do Centro Socio Cultural acollerá aos socios e socias que acudirán ese día, a decidir, entre outras cousas, o Plan de Traballo para o 2012. A Executiva presentará a liquidación de contas do ano en curso e o presuposto para o vindeiro ano. Os socios e socias recibirán nos seus fogares a convocatoria, con tódolos documentos que se someterán a debate, e si procede, posterior aprobación. Dende a Executiva vaise facer unha proposta para os usos do Centro Socio Cultural de Prado da Canda.



Comentarios (0) - Categoría: EDICIÓNS IMPRESAS DA FORXA DO FERREIRO - Publicado o 14-11-2011 17:36
A FORXA DO FERREIRO I
O prometido é débeda, aquí a edición impresa do primeiro numero da Forxa do Ferreiro.

Comentarios (0) - Categoría: EDICIÓNS IMPRESAS DA FORXA DO FERREIRO - Publicado o 24-01-2011 20:03
A FORXA DO FERREIRO
Podemos ver as edicións impresas da Forxa do Ferreiro, publicadas pola Asociación de Veciños e mais a Comunidade de Montes de Prado da Canda. É un esforzo voluntario de ámbalas dúas institucións darlle un soporte físico, mediante a publicación da Forxa do Ferreiro, ás inquedanzas da veciñanza de Prado da Canda, tamén preténdese dar a coñecer o esforzo de tódolos veciños e veciñas da nosa aldea por tentar vivir nun lugar mellor. De momento falta o primeiro numero, en canto o teñamos en formato dixital porémolo ao voso dispor. Sen mais, esperamos que gocedes deste traballo.

Comentarios (0) - Categoría: EDICIÓNS IMPRESAS DA FORXA DO FERREIRO - Publicado o 20-01-2011 23:22
A FORXA DO FERREIRO II edición especial
Comentarios (0) - Categoría: EDICIÓNS IMPRESAS DA FORXA DO FERREIRO - Publicado o 20-01-2011 23:04
A FORXA DO FERREIRO III
Comentarios (0) - Categoría: EDICIÓNS IMPRESAS DA FORXA DO FERREIRO - Publicado o 20-01-2011 22:57
1 [2]
© by Abertal