Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Prado da Canda limpa as areas de servizo
O acondicionamento da Poza da Costa é un dos primeiros traballos.

Limpeza Poza da Costa

A Comunidade de Montes empeza os traballos para limpar a Poza da Costa. A retirada da maleza é a prioridade deste traballo. Non se descarta no futuro facer traballos de mellora tanto no actual peche perimetral, como nos acesos. Mellorar a entrada da auga podería ser un traballo no futuro, dado que a actual tuberia presenta rotura coa consecuente perda de auga.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-05-2019 12:36
Premio Síntete Covelo 2017
Vai camiño de cumprirse un ano da entrega deste galardón a nosa parroquia.

No mes de decembro fai un ano que o Concello de Covelo, decidiu darlle o premio Síntete Covelo, ás danzas brancas da nosa aldea. O acto foi moi emotivo producíndose momentos moi emocionantes, que sen dubida quedaran na memoria do publico asistente. Con motivo daquel acontecemento, o arquivo de imaxes editou este vídeo que se mostrou durante a entrega do premio.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-11-2018 18:56
Magosto para o día un de novembro en Prado da Canda
Torreiro de Perfeuto


Si a choiva o permite se celebrará no Torreiro de Prefeuto Castillo, no caso de mal tempo se trasladará á Casa da Cultura.

A veciñanza de Prado da Canda coloca unha placa simbolica en homenaxe a Perfeuto Castillo. O torreiro da igrexa luce o nome do moi querido veciño, homenaxeado recentemente cun acto festivo na Casa da Cultura da nosa aldea. Na festividade do próximo día un, esta prevista a celebración dun magosto neste lugar ás 17:00 horas. Pola mañá, si a climatoloxía o permite, ás 10: 30 os peques poderán is buscar foupa e castañas acompañados polos maiores. De xeito non oficial e sempre dende o cariño quedamos convocados para o día 1 de novembro, no torreiro da igrexa, que para a veciñanza da nosa aldea é o torreiro de Perfeuto Castillo.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 30-10-2018 11:18
O bispo visitou a nosa parroquia
Danza

D. Luis Quinteiro Fiuza , acompañou á veciñanza de Prado da Canda na súa festividade.

O bispo da nosa diocesis celebrou a misa maior da festividade da Nosa Sra. do Rosario na nosa parroquia. Foi testemuña do baile, que un ano mais, como ven sendo costume dende non se sabe canto tempo, fixeron os bailadores da Danza de Prado da Canda. O frío non desanimou aos asistentes, que se animaron a acercarse a nosa aldea e contemplar este antigo baile.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-10-2018 11:16
A danza de Prado da Canda un ano mais para a memoria
As follas das arbores do torreiro acompañaban ós pes dos bailadores e bailadoras.


O outono vai abríndose paso día a día no calendario. Van quedando na memoria os días de festas e verbenas. Este ano o sol acompañou á danza da nosa aldea. O calor animou a celebración un ano mais do vello ritual. Aquí deixamos unha fotos ...

Danza de Prado da Canda 2017




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 05-10-2017 22:08
© by Abertal