Este blog nace coa vocación de axudar, desinteresadamente, os usuarios que, por unhas ou outras razóns, teñen un dominio incompleto do idioma e desexan melloralo. Para isto iremos facendo un percorrido progresivo pola lingua con consideracións de carácter eminentemente pragmático. E, dado que son frecuentes e importantes as interferencias dos falantes, sobre todo dos neofalantes, co castelán, usaremos con frecuencia a comparación con esta lingua. É máis, a estrutura desta especie de curso práctico de galego estará baseada na resolución de dúbidas provocadas polas interferencias devanditas.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR

TEMA 5
Moita xente, moitos galegofalantes de berce, coidan que, en realidade, o que falan non é galego porque é distinto do oficial. Eu sempre lles digo que eles son o soporte da lingua, que vive grazas a eles (grazas tamén, non cabe dúbida, aos estudosos e ás novas incorporacións), que son eles e os seus antepasados os que mantiveron a acesa a lapa dese patrimonio irrepetible que é o idioma, con moito léxico contaxiado do castelán, pola súa situación nun plano valorativo inferior, pero coas auténticas estruturas e xiros que lle dan identidade a unha lingua. É certo que o galego que se fala en Pontevedra ten diferenzas co falado en Valdeorras, poño por caso, pero falantes de distinta procedencia sempre se entenderon perfectamente, se cadra con algún pequeno esforzo de adaptación, e sempre se sentiron falantes da mesma lingua. Claro que todo idioma necesita unha solución común para todos os falantes, unha lingua estándar, que debemos empregar en rexistros cultos, e nese proceso estamos; de vez en cando anúncianse variacións en tal ou cal regra ou léxico. E aqueles aos que me refería ao principio dirán: iso non é o que falamos nós.

Cómpre notar que o castelán viviu un proceso semellante; a diferenza esencial estriba en que se fixo ao longo de moitos séculos, polo que as xeracións de cada época apenas o notaron; pero basta ler textos de hai algún tempo para decatarse. E mesmo hoxe, unha viaxe por distintas vilas castelanfalantes pódenos dar unha idea de como foi o proceso. En Cuenca, por exemplo, hai un libro, editado en 1978, titulado Conquensismos, que recolle palabras, frases feitas, ditos e refráns que son propios da provincia, e alí podemos ver moitos vocábulos descoñecidos para o resto dos españois.

Ben, despois desta disquisición, aquí están os enlaces pata os documentos correspondentes a esta 5ª sesión:

Tema 5
5 Exercicios
Autocorrector 4
Comentarios (0) - Categoría: TEMAS - Publicado o 26-04-2016 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
TEMA 4
Achego enlaces para os documentos correspondentes a esta cuarta sesión:

Tema 4
4 Exercicios
Autocorrector 3
Comentarios (0) - Categoría: TEMAS - Publicado o 20-04-2016 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
TEMA 3
O tema de hoxe fala do xénero. Podedes descargalo máis abaixo, xunto cos exercicios actuais e as solucións dos anteriores.


TEMA 3
3 EXERCICIOS
AUTOCORRECTOR 2
Comentarios (0) - Categoría: TEMAS - Publicado o 12-04-2016 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
TEMA 2
Benvidos de novo. Seguimos adiante con este intento de aclarar dúbidas para mellorar a competencia lingüística. Porque o galego necesita de usuarios e transmisores, pero tamén de xente comprometida que faga un uso e unha transmisión correcta, o máis correcta posible. Falaba Taibo do tino aloumiñante, namorado, cheo de aprensións e respectos, do a modiño que se ha coller a pluma na man para escribir a nosa lingua limpamente, sen botala de perda nin derramala.
Sucede que este noso idioma non adoita infundir ese tino, ese respecto, non adoita, en fin, facer pensar o usuario que está diante dunha ferramenta importante que debe utilizar con orgullo e dignidade; porque os erros no uso do galego non se senten como síntoma de incultura. Así, podemos escoitar que alguén di ou escribe Hola. Aier fun a comer un plato a base de rape e queda tan pancho. Pero pensemos nunha persoa que metese a pata (as mesmas patas, pero ao revés) falando en castelán: Ola. Onte fui comer un prato a base de pez sapo. Que se diría del? E non coidedes que é unha esaxeración; ben, si o é na frase en castelán (impensable!) pero non na outra que podedes ler ou escoitar con demasiada frecuencia.
Pois ben, o que tratamos é de facilitarlle as cousas a quen queira mellorar, pero tamén de picar nas conciencias e espertar ese orgullo, esa dignidade, que vos empurren a un tino o máis aloumiñante posible.
Pinchade na palabra para descargar o Autocorrector 1, o Tema 2 e 2 Exercicios. Se o pasades ben, moito mellor.
Comentarios (0) - Categoría: TEMAS - Publicado o 05-04-2016 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas