Este blog nace coa vocación de axudar, desinteresadamente, os usuarios que, por unhas ou outras razóns, teñen un dominio incompleto do idioma e desexan melloralo. Para isto iremos facendo un percorrido progresivo pola lingua con consideracións de carácter eminentemente pragmático. E, dado que son frecuentes e importantes as interferencias dos falantes, sobre todo dos neofalantes, co castelán, usaremos con frecuencia a comparación con esta lingua. É máis, a estrutura desta especie de curso práctico de galego estará baseada na resolución de dúbidas provocadas polas interferencias devanditas.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR

TEMA 1
Hoxe encetamos esta publicación semanal dunha serie de consideracións pragmáticas sobre o galego. Non é un curso de lingua ao uso senón unha relación sistematizada das principais dúbidas que lle poden xurdir a un falante, sobre todo se non é o seu idioma de berce; e aínda así. Trátase, pois, de axudar a usar con máis perfección a nosa fala, de falala e escribila con tino aloumiñante en palabras do ilustre galeguista e poeta Victoriano Taibo cuxo quicuaxésimo cabodano celebramos estes días. Este conxunto de consideracións, ao que chamaremos curso só por economía da linguaxe, está dividido en 25 temas, 25 follas de exercicios e 25 documentos de autocorrección que nos acompañarán, se queredes, durante 25 semanas. Está claro que é gratuíto e libre. Os temas irán acompañados ao remate por diferentes cadros e notas para chamar a atención sobre determinados aspectos. E, ao comezo desta inserción, tedes algúns recursos na rede que poden axudar e que, cando se oculten, podedes recuperar indo á pestana RECURSOS NA REDE.
E máis nada para empezar; cada día dareivos a ligazón para descargar o tema e os exercicios correspondentes, así como o autocorrector dos exercicios anteriores. Acabo recodando aquela estrofa do poeta mencionado:

O galego que non fala
na lingua da súa terra
nin sabe o que ten de seu
nin é merecente dela

TEMA 1
1 EXERCICIO
Comentarios (3) - Categoría: TEMAS - Publicado o 29-03-2016 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
RECURSOS NA REDE
DICIONARIO DA RAG
DICINARIO DE DICIONARIOS
DIGALEGO
TRADUTOR DA XUNTA
CONXUGADOR
NORMAS ORTOGRÁFICAS E MORFOLÓXICAS
Comentarios (0) - Categoría: RECURSOS NA REDE - Publicado o 29-03-2016 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas