Este blog nace coa vocación de axudar, desinteresadamente, os usuarios que, por unhas ou outras razóns, teñen un dominio incompleto do idioma e desexan melloralo. Para isto iremos facendo un percorrido progresivo pola lingua con consideracións de carácter eminentemente pragmático. E, dado que son frecuentes e importantes as interferencias dos falantes, sobre todo dos neofalantes, co castelán, usaremos con frecuencia a comparación con esta lingua. É máis, a estrutura desta especie de curso práctico de galego estará baseada na resolución de dúbidas provocadas polas interferencias devanditas. |