Este blog nace coa vocación de axudar, desinteresadamente, os usuarios que, por unhas ou outras razóns, teñen un dominio incompleto do idioma e desexan melloralo. Para isto iremos facendo un percorrido progresivo pola lingua con consideracións de carácter eminentemente pragmático. E, dado que son frecuentes e importantes as interferencias dos falantes, sobre todo dos neofalantes, co castelán, usaremos con frecuencia a comparación con esta lingua. É máis, a estrutura desta especie de curso práctico de galego estará baseada na resolución de dúbidas provocadas polas interferencias devanditas.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR

TEMA 5
Moita xente, moitos galegofalantes de berce, coidan que, en realidade, o que falan non é galego porque é distinto do oficial. Eu sempre lles digo que eles son o soporte da lingua, que vive grazas a eles (grazas tamén, non cabe dúbida, aos estudosos e ás novas incorporacións), que son eles e os seus antepasados os que mantiveron a acesa a lapa dese patrimonio irrepetible que é o idioma, con moito léxico contaxiado do castelán, pola súa situación nun plano valorativo inferior, pero coas auténticas estruturas e xiros que lle dan identidade a unha lingua. É certo que o galego que se fala en Pontevedra ten diferenzas co falado en Valdeorras, poño por caso, pero falantes de distinta procedencia sempre se entenderon perfectamente, se cadra con algún pequeno esforzo de adaptación, e sempre se sentiron falantes da mesma lingua. Claro que todo idioma necesita unha solución común para todos os falantes, unha lingua estándar, que debemos empregar en rexistros cultos, e nese proceso estamos; de vez en cando anúncianse variacións en tal ou cal regra ou léxico. E aqueles aos que me refería ao principio dirán: iso non é o que falamos nós.

Cómpre notar que o castelán viviu un proceso semellante; a diferenza esencial estriba en que se fixo ao longo de moitos séculos, polo que as xeracións de cada época apenas o notaron; pero basta ler textos de hai algún tempo para decatarse. E mesmo hoxe, unha viaxe por distintas vilas castelanfalantes pódenos dar unha idea de como foi o proceso. En Cuenca, por exemplo, hai un libro, editado en 1978, titulado Conquensismos, que recolle palabras, frases feitas, ditos e refráns que son propios da provincia, e alí podemos ver moitos vocábulos descoñecidos para o resto dos españois.

Ben, despois desta disquisición, aquí están os enlaces pata os documentos correspondentes a esta 5ª sesión:

Tema 5
5 Exercicios
Autocorrector 4
Comentarios (0) - Categoría: TEMAS - Publicado o 26-04-2016 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
contador de visitas