Galego nos coles


Dinamizaciónda lingua galega
O EDL pretende recoller neste recuncho aquelas actividades e actos que se realizan nesta escola co fin de promocionar e normalizar a nosa lingua galega

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Letras Galegas 2012
O sábado 4 de xuño o plenario da Real Academia Galega acordou adicar as letras galegas 2012 ao escritor Valentín Paz Andrade.


Noticia das letras galegas 2012 en La Voz de Galicia

Noticia Letras Galegas 2012 en Xornal de Galicia

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-06-2011 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Cantareiros e baile na I Semana cultural "Saca a lingua fóra"
Como colofón á festa todo o público se deleitou coas actuacións de baile galego do grupo de baile galego do Portofaro e coas cantigas dos alumnos de 2º de primaria, que viven con paixón a música e cantan fantásticamente. Aquí vai un video gravado polos alumnos da actuación de dous destes cantareiros moi aplaudidos por todo o público.

Actos Letras Galegas 2011. Portofaro from portofaro2010 on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: SACA A TÚA LINGUA FÓRA - Publicado o 06-06-2011 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Concurso de chistes da I Semana Cultural
Unha das actividades máis divertidas e con máis participación foi a do concurso de chistes.
Deixámosvos aquí uns videos gravados polos propios alumnos nos que podedes ver a final do concurso de chistes e a entrega de premios.

Concurso de chistes (1)

Actos Día Letras Galegas 2011 from portofaro2010 on Vimeo.



Concurso de chistes(2)

Letras Galegas 2011 from portofaro2010 on Vimeo.



Entrega de premios.

Letras Galegas 2011. Entrega de Premios from portofaro2010 on Vimeo.




Comentarios (0) - Categoría: SACA A TÚA LINGUA FÓRA - Publicado o 06-06-2011 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Concurso de pancartas da I Semana cultural " Saca a lingua fóra"
Pero non pensedes que nesta semana todo foi falar. Tamén deixamos un tempiño para pensar e por iso todo o colexio participou no concurso de pancartas. Sen nada que envexar aos bos publicistas pensamos varios lemas para defender o uso do galego e conseguimos unhas pancartas moi reinvidicativas e coloristas para manifestarnos a prol da nosa lingua.

Comentarios (0) - Categoría: SACA A TÚA LINGUA FÓRA - Publicado o 06-06-2011 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Obradoiro de dobraxe na I Semana Cultural
Outra das actividades realizadas na Semana cultural foi o obradoiro de dobraxe.
O alumnado de 5º e 6º de primaria pasouno moi ben e participou activamente, tal como dá conta esta presentación que engadimos aquí.
A súa colaboración e a axuda inestimable de Anxo (profesor de galego nun centro próximo ao noso) serviron para traballar a entoación e practicar a oralidade case sen esforzo, ademais de para reflexionar un pouco sobre a escaseza de filmografía dobrada ao galego.
Ao final conseguimos dobrar un anaquiño de Toy Story e quedou bastante ben.



Comentarios (0) - Categoría: SACA A TÚA LINGUA FÓRA - Publicado o 06-06-2011 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
I Semana cultural
Como xa sabedes a semana do 9 ao 13 de maio celebramos no cole a I Semana cultural "Saca a lingua fóra". Buscabamos con esta iniciativa usármos o galego dentro e fóra das aulas e pasármolo ben usándoo.
Conseguimos a participación de todos os cursos e pasámolo moi ben. Para que vexades unha mostra, aí van unhas imaxes dunha das sesións de contacontos feitas polos nenos e para os nenos.

Carapuchiña vermella versionada por 6º de primaria para o nenos e nenas de 4 anos A.

Comentarios (0) - Categoría: SACA A TÚA LINGUA FÓRA - Publicado o 06-06-2011 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
MÁIS SOBRE LOIS PEREIRO
A COORDINADORA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN ELABOROU UNHA RECOPILACIÓN SOBRE TODO O MATERIAL PARA TRABALLAR AO REDOR DE LOIS PEREIRO. PODEDES ATOPALO NO ENLACE SINALADO.
SOBRE LOIS PEREIRO
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 27-04-2011 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
¿POR QUE O PREGUNTAS?
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 05-04-2011 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
LOIS PEREIRO
Aproxímase a semana das letras galegas, este ano adicado a Lois Pereiro.
Como todos os anos contamos co traballo elaborado polo Seminario Galán.
Atopamos tamén unhas páxinas interesante doutro colexio onde podemos atopar máis informaciòn e actividades para traballar a este autor.
ACTIVIDADES LIM CEIPCONDE FENOSA
MUNDIÑO. CEIP CAMPOLONGO
SEMINARIO GALÁN
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 05-04-2011 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
EXPOSICIÓN DE PERSONAXES DE MEDO
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 10-11-2010 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3]
© by Abertal