A Cruz da Campa
A ALDEA
Eu nacín nunha aldea chamada “A Campá” sita na mindoniense parroquia de Couboeira. Nesta aldeíña viven 21 persoas, das que só 4 son nenos e 8 con menos de 50 anos, o resto son maiores.
Coma todas as aldeas galegas esta anda en vías de desaparición, este é un problema con dúas vertentes: unha socioeconómica e outra sociocultural.
Non vou a entrar no problema socioeconómico, pois é evidente: destrución do tecido produtivo, despoboamento co conseguinte problema ecolóxico da contorna, etc….
O sociocultural: “Nas aldeas non pasa o tempo”, é isto unha afirmación que escoitamos moitas veces e coa que eu estou profundamente en desacordo; nas aldeas si que pasa o tempo, pero non importa. Nas cidades o tempo é ouro, nas aldeas, ouro é disfrutar da sabiduría dos máis anciáns, da compaña dos veciños, dos netos, etc…. Cando eu vou a miña aldeíña (non todo o que me gustaría) encántame ir dar un paseo que se converte en corto, pois sempre topo con algún veciño que rapidamente saca unha cervexiña, un pouco pan e un pouco xamón ou chourizo e deléitame con algunha historia de vello, aventuras e desventuras vividas entre todos os veciños da aldea; é iste un trámite no que facilmente podemos investir toda a tarde sen que teña ningún dos intervintes da conversa remordementos polo tempo perdido, porque non o consideran tal. Dáme tanta pena que todo este coñemento da historia, das familias, de cousas simpáticas; teño tanta lástima por unha forma de vida leal, cos veciños, coa natureza, cos seus animais, etc… que me sinto na obriga de dicirlle a todo o mundo que disfrute por un momento, un día, unha fin de semana, un mes, toda a vida… de algo que dentro de non moito tempo, por desgraza, non será máis que un recordo lonxano dunha civilización millor.
E como non, o maior dos meus agradecementos aos meus veciños, que con paciencia sobrehumana cóntanme todo tipo de historias, grazas ao: Pepe, Urbano, Madalena, Ramón, Serxio, ás dúas Carmes, Xosé Lois, ao meu avó que xa desaparecido me meteu nas veas o amor pola miña aldeíña e o cariño polos seus veciños.
VAI DE RECORTES
Xa estamos en precampaña electoral, si xa o sei o descanso cada vez dura menos, e haberá que empezar a analizar as mensaxes que nos dan os que pretenden ser os que nos guíen durante os próximos catro anos.
Hoxe tócalle ao PP, porque non se pode ser tan miserable, embustero e insultante a intelixencia da xente. Porque o Sr. Rajoy, hai que dicir que non é el só, debe de pensar que somos parvos, hai moitos que si, eu non. O Sr. Rajoy di que o Sr. Feijoo; “é un exemplo a seguir de seriedade, xestión,…”. Hoxe o presidente dos Pater Putativus españois dixo nun mitin que vai a garantir a sanidade e a educación… Cousa curiosa, pois o primeiriño no que recortou o Presidente Feijoo foi precisamente en SANIDADE E EDUCACIÓN. Sabémolo ben en Foz, pois o pasado sábado fixemos a primeira das manifestacións que se farán ata que o Presidentiño nos devolva os servizos básicos que nos roubou (lease: ambulancia e medico de garda).
VOLTANDO
1.	En Foz, ese Concello de excelencia turística do que xa falei amiudo, o próximo dia dez de setembro retirarán o servizo nocturno de ambulancia do 061. O peor é que o Alcaldiño, lonxe de criticar a medida da Consellería de Sanidade, xustifícaa.
2.	S.M. D. Juan Carlos I de Borbón “El Campechano”, mofouse do acento galego. D. Juan Carlos fixo méritos sobrados para que o recordásemos con certo “cariño”, aínda que eu son republicano, polo feito na transición. Mais este xiro ao humor soez non me está facendo chisca de graza.
3.	O gran corvo branco volveu a tomar unha cidade do Estado, Madrid, seica está moi ben e o das medidas de seguridade é normal pois é un Xefe de Estado. Cando veña “la Merkel” será normal logo que pechemos Madrid a cal e canto durante sete días, que use tódalas instalacións que queira para brindarlle os seus discursos a millón e medio de alemáns durante eses sete días e se alguén se lle ocorre dicir que iso non lle gusta, mandamoslle aos antidisturbios a dar leña.
4.	E para rematala en novembro eleccións xerais. Aínda non me recuperei das mentiras, insultos e descalificacións das municipais e xa estamos noutra.
Pero bueno, mentres haxa Duquesas de Alba para casar, Mourinhos para facer ciruxías oculares e Belenes Esteban para…, o que queira que faga, ¿imos falar de cousas superficiais?