María Reimóndez Meilán naceu en Lugo e é tradutora e intérprete de profesión. O seu primeiro libro publicado é Moda Galega e no ano 2003 recibiu o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo con O Caderno de Bitácora. Malia esta incursión recente no panorama literario, María Reimóndez leva escribindo desde que tiña 6 anos, recibíu premios durante a súa mocidade, é autora de varias obras de teatro e participou en distintos recitais poéticos. Na actualidade colabora con artigos de opinión no xornal A Nosa Terra e a plataforma dixital VIEIROS. Igualmente forma parte do grupo de investigación Feminario de Investigación: Feminismos e Resistencias (Teorías e Prácticas) da Universidade de Vigo, onde realiza a súa tese sobre a interacción do Feminismo, Poscolonialismo e a Traducción.
María Reimóndez leva traballando en cooperación desde o ano 1994, cando realiza a súa primeira visita a un proxecto de desenvolvemento na India. Despois de novas visitas, principalmente de formación e participación en diversos proxectos, todos na India, funda a Organización Non Gobernamental de Cooperación ao Desenvolvemento IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO que leva traballando na India desde o ano 1998 e desde 2003 en Etiopía en proxectos de desenvolvemento integral cun claro compromiso pola superación da discriminación de xénero como base do desenvolvemento perdurable. No terreo María Reimóndez é experta en enfoque de xénero na planificación e avaliación de proxectos de diversa índole, sobre todo de desenvolvemento integral tanto en zonas urbanas como rurais. María Reimóndez é tamén fundadora e secretaria da Asociación galega de profesionais da traducción e da interpretación.
O VINDEIRO 30 DE XULLO REMATAMOS DE COMENTAR O CLUB DA CALCETA
O venres 26 de xullo realizamos dendo o CDR Portas Abertas unha viaxe didáctica e de ocio para os/as participantes en moitas das actividades desenvoltas durante todo o ano, fomos polos "CAMIÑOS DA AUGA" visitando os muiños do Concello de Ribadumia e polas praias da Illa de Arousa, na COMARCA DO SALNÉS.
María Lois, profesora da Universidade Complutense de Madrid, forma parte da equipa dun proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Educación para o estudo da fronteira España-Portugal nos séculos XIX e XX.
Esta equipa, conformada por xeógrafos/as, antropólogos/as, e politólogos/as portugueses e españois, está a traballar por toda a raia, e sobre aspectos moi diferentes: dende os tratados de delimitación da fronteira do ano 1864 até a Eurocidade Chaves-Verín, pasando pelo Gabinete de Iniciativas Transfronterizas da Junta de Extremadura, as memorias do contrabando ou o Couto Mixto.
María está a estudar as prácticas transfronteirizas na actualidade, dentro da vida nun Concello da fronteira galego-portuguesa. Isto abarcaría o Concello de Vilardevós, o Centro de Interpretación do Contrabando, e as actividades, programas e experiencias do Centro de Desenvolvemento Rural “Portas Abertas”, implicado co medio rural neste caso, da raia.
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.