CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


CARTA DE UNA DESCONOCIDA, STEFAN ZWEIG
NA REUNIÓN DO 13 DE MARZO DO NOSO CLUB DE LECTURA, ACORDAMOS LER CARTA DE UNA DESCONOCIDA, DO ESCRITOR AUSTRÍACO STEFAN ZWEIG.

Viena, 1900, despois de tres días de excursión pola montaña, un home diríxese á súa casa. Unha carta estao a esperar. A carta dunha muller que lle revela o gran amor que sinte cara el, unha paixón que durou toda a vida e que nin o tempo nin a distancia lograron deteriorar. Un amor do que nunca soubo. Lémbralle o seu breve pero apaixonado romance na súa xuventude, a dureza de criar ela soa ao fillo de ambos, e o seu último encontro, durante o cal o home non a recoñece e a sume na desesperanza. Tras a pérdida do seu fillo, o único lazo que o unía ao home que amaba, non lle quedan forzas para vivir. So nunha carta e capaz de contarlle toda a verdade, por primeira e última vez. Estremecido pola carta, o home busca desesperadamente nos seus recordos a esa muller da que descoñece o nome.

PRÓXIMA REUNIÓN O 27 DE MARZO AS 17:30 H. ESTARÁ A DISPOSICIÓN DE TODOS/AS O LIBRO E ACHEGARÉMONOS AO AUTOR DA NOVELA.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 16-03-2009 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
VEÑEN DENDE NEDA PERCORRER AS RUTAS DO CONTRABANDO
ESTA SEGUNDA FIN DE SEMANA DE MARZO VEÑEN UN GRUPO DE PERSOAS A COÑECER O NOSO ENTORNO, CAMIÑARÁN POLA RUTA DO CONTRABANO: DE ARRIBA, DENDE VILARDEVÓS ATA SEGIREI (PORTUGAL).

DENDE A OFICINA DE TURISMO DE NEDA PUXÉRONSE EN CONTACTO CO CDR PORTAS ABERTAS PARA ORGANIZAR O MELLOR PERCORRIDO E COÑECER NO CENTRO DE INTERPRETACION DO CONTRABANDO A HISTORIA DE VILARDEVÓS.



DENDE O INTERIOR TAMÉN QUEREMOS DAR A COÑECER A COSTA GALEGA.
NEDA (A CORUÑA)
Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 06-03-2009 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
VENRES 13 DE MARZO, AS 17.30 H. ANIMATE A PARTICIPAR
TRALO ÉXITO DO OBRADOIRO LITERARIO "NOS TAMÉN ESCRITORAS" DO PROGRAMA "TEMPOS DE MULLERES", O GRUPO DECIDIU SEGUIR A XUNTARSE PERIÓDICAMENTE E CONVIDAR A TÓDALAS PERSOAS QUE QUEIRAN NA NOVA CITA.

CONTINUARASE CO OBRADOIRO DE ESCRITURA E DE LECTURA.


PARA IR ABRINDO BOCA PARTICIPA A TRAVÉS DE INTERNET NO CONCURSO DO CONCELLO DE VERÍN


SE SABES SUMAR, SABES CONTAR....HISTORIAS DE MULLERES
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 27-02-2009 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBROUSE A CONFERENCIA ACTIVIDADES PRODUCTIVAS NO MEDIO RURAL
O MARTES 3 DE FEBREIRO, ÁS 17.00H. (Nevando)
NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO CONTRABANDO EN VILARDEVÓS.

Foi unha conferencia de interese, impartida por Pilar. XURDIRON INICIATIVAS,PREGUNTAS, DEBATES...

COÑECEMOS INCENTIVOS PARA SEGUIR DÁNDOLLE VIDA

AXUDAS DENDE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


E RECOÑECÉRONSE EXEMPLOS NA COMARCA COMA
BIOOCOP

ou XUNTOIRA EN BERRANDE.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 30-01-2009 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
NOS TAMÉN ESCRITORAS CONTINÚA COS NOSOS ESCRITOS
FOI UNHA EXPERIENCIA MOI ENRIQUECEDORA.
VEDE O BLOG DA EDITORIAL GALAXIA ONDE NOS DESTACAN.


BLOG EDITORIAL GALAXIA


GRAZAS AO PROGRAMA TEMPOS DE MULLERES 2009 DA
SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 20-01-2009 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Novas na Voz de Galicia sobre o OBRADOIRO LITERARIO

Imparte o Obradoiro FRANCISCO CASTRO da Editorial Galaxia, as mulleres que asistan contarán cun agasallo.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 13-01-2009 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO LITERARIO PARA MULLERES 2009

Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 02-01-2009 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
ESTAMOS TECENDO

Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 17-12-2008 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
O TERCEIRO SECTOR NA PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

TAMÉN NA REGION Decembro 2008
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 17-12-2008 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
REGUEIROS DE SOLIDARIEDADE....

Tras a aprobación da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de DEPENDENCIA, os poderes públicos abriron o campo de traballo social a distintas iniciativas, entre elas ás ENTIDADES DO TERCEIRO SECTOR, e manifestan claramente que éstas poden participar na prestación de servizos na atención á dependencia.

O CDR PORTAS ABERTAS NO 2008 comezou a prestar o SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR co permiso e apoio da VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR da Xunta de Galicia, na Comarca de Monterrei onde pretende ser un recurso social máis para toda a poboación necesitada.
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 11-12-2008 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0