|
|
|
RECUPERACION DE OFICIOS ARTESANAIS |
|
 |
|
|
|
A PELÍCULA, CARTA DE UNA DESCONOCIDA |
|

Trala reunión do pasado 17 de abril no que comentamos a novela de Stefan Zweig, Carta de una desconocida. O 8 DE MAIO quedamos para ver a súa adaptación cinematográfica de 1948, da man do director Max Ophuls, interpretada por Jean Fontaine, Louis Jordan, Mady Christians, Marcel Journet.
Brillante posta en escena de Ophuls con elegantes decorados sobrecargados de obxectos e detalles, miradas a través de cristais... suaves e fluidos movementos de cámara sempre utilizados de unha maneira maxistral. |
|
|
|
A CONSELLERÍA DE CULTURA IMPULSA O NOSO CLUB DE LECTURA |
|
 A Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura impulsa o noso Club de Lectura e maila Biblioteca do CDR Portas Abertas coa doazón de 45 libros en galego. Dende obras clásicas en galego a autores fundamentais da nosa literatura e títulos de narrativa actual. |
|
|
|
O CLUB DE LECTURA VIAXA A PANXÓN |
|

AS PARTICIPANTES NO CLUB DE LECTURA "PORTAS ABERTAS" VIAXARON A PANXÓN ESTA FIN DE SEMANA A RAÍZ DO PROGRAMA TEMPO DE MULLERES 2009, NO QUE SE INICIARAN TAMÉN COMO ESCRITORAS.
Durante esta estadía de fin de semana puideron disfrutar dunha agradable estancia na Residencia de Tempo Libre de Panxón, así como gozar do mar e das visitas realizadas a Monteferro, Baiona e a Tui. |
|
|
|
Na Declaración da Renda marca unha X nos FINS SOCIAIS |
|

Cada ano a Administración permite aos cidadáns e cidadás elexir o destino dunha parte dos seus impostos.
Así, ao realizar a declaración da renda, tes unha opción persoal de elexir entre:
* destinar o 0'7% do IRPF á realización de programas que desenvolven ás entidades sociais e Organizacións non Gubernamentais (ONG) que se adican a traballar no ámbito da acción social;
* optar polo sostemento da Igrexa Católica;
* ou simultanear ambas opcións, sinalando as dúas casillas.
Se non se marca ningunha destas tres opcións, o 0'7% vai parar aos Presupostos Xerais do Estado.
O diñeiro recaudado por esta vía é, polo tanto, o resultado da vontade das persoas que, ao marcar a casilla de Fins Sociais, ou riscar cunha X esta opción xunto coa Igrexa, convírtense en contribuintes activos/as e solidarios/as, en lugar de ser meros/as contribuintes pasivos/as.
Desta maneira, a asignación tributaria a través do 0,7% do IRPF transfórmase nun poderoso instrumento da política social do Estado contribúe a loitar contra a exclusión social.
|
|
|
|
DE NOVO NA TVG |
|
O Centro de Desenvolvemento Rural "Portas Abertas" participou na Feira do Lázaro, coma en anos anteriores convidados polo Concello de Verín, con mostras dos traballos artesanais dos Obradoiros de Cestería e Tear durante a fin de semana do 28 e 29 de marzo. E o programa da TVG
A REVISTA
amosou o que facemos na recuperación de oficios dende o CDR e as impresións do que significa esta Feira dende hai tempo.
Olinda e Delia na TVG, Tere e Ofelia na foto e as/os que non saen retratados coma Josefina, María e Xico son parte fundamental destes Obradoiros, e nunca nos esqueceremos de Pepita. |
|
|
|
STEFAN ZWEIG |
|
 Na pasada reunión do 27 de marzo achegámonos ao autor da novela Carta de una desconocida, STEFAN ZWEIG.
Naceu en Viena o 28 de novembro de 1881 no seo dunha familia de fabricantes xudeos.
Poeta, novelista, traductor, editor y crítico estudia na universidade de Viena filosofía e lingua e literatura.
A raíz da 1ª Guerra Mundial, Zweig convértese nun ardente pacifista. Transládase a Zurich onde se representa a súa obra Jeremías (1917) que denuncia o que el consideraba como a loucura suprema da guerra.
Cando remata a guerra instálase en Salzburgo xunto a súa muller, Friederike, nun pequeno castelo onde escribe e desenvolve gran parte da súa obra: ensaios, biografías, estudios...
O ascenso do fascismo e o antisemitismo en Alemania levaron a Stefan a fuxir a Gran Bretaña en 1934.
En 1940 fixará a súa residencia xunto a súa segunda muller, Lotte Altmann, en Petrópolis, Brasil. E en 1941 suicídase levado por un sentimento de soidade e fatiga espiritual. A 2ª Guerra Mundial fundiu as súas esperanzas nun mundo basado na cultura e na comprensión humana.
O 17 DE ABRIL AS 17:30H, XUNTÁMONOS PARA COMENTAR A NOVELA, XA COMEZAMOS A LELA: "Cuando por la mañana temprano el famoso novelista R. regresó a Viena después de una refrescante salida de tres días a la montaña, decidió comprar el periódico. Al pasar la vista por encima de la fecha, recordó que era su cumpleaños. (...)"
Sobre STEFAN ZWEIG |
|
|
|
PORTAS ABERTAS O DOMINGO 22 DE MARZO NA TVG |
|
O CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS DE MONTERREI CONSEGUE O PREMIO AGADER 2008.
O xurado encargado de outorgar os premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural 2008 acordou distinguir con estes galardóns ao Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas de Monterrei, á cooperativa Bocarribeira Trasalbina e ao proxecto Labregos Daiquí. O premio especial para a mocidade concedéuselle á asociación para o desenvolvemento rural sostible O Grelo Verde.
ESCOITA
POR ISTE MOTIVO VIÑERON FACER UNHA REPORTAXE DA NOSA HISTORIA E DAS NOSAS ACTUACIÓNS NA COMARCA, VÉMOLO NA:
TELEVISION DE GALICIA |
|
|
|
VENTE PATEXAR....MÓVETE |
|

Pódeste quedar por un prezo simbólico no Albergue Rural Multiusos de Vilarello da Cota, Vilardevós. |
|
|
|
ALBA SOUTO, UN ESPÍRITU SOLIDARIO |
|
PARTICIPOU NO PROXECTO
CONECTA XOVEN
NON ESQUECEREMOS O TEU VOLUNTARIADO.
OLGA, Dinamizadora do Conecta Xoven e Red Conecta, e mozos e mozas voluntarios/as.
ENCONTRO XÓVENES FORMADORES 2006 MADRID |
|
|
|
|
|
|