CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


Promoción do Concello de Vilardevós dende o Centro de Interpretación do Contrabando
Comentarios (0) - Categoría: VÍDEOS DE INTERESE - Publicado o 26-05-2009 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
PORTAS ABERTAS PARTICIPA NO MESTRADO EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL DA UTAD EN CHAVES
O pasado venres, 15 de maio, o CDR Portas Abertas participou nunha mesa redonda do mestrado en animación sociocultural da UTAD, convidados polo Prof. Dr. Xerardo Pereiro.
Foi un intercambio de visións e experiencias en torno ao Medio Rural: pasado, presente e futuro.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-05-2009 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
CAMINHADA EUROCIDADE
Vejam o link e participem:

SEGIREI



Saudações de SEGIREI
Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 18-05-2009 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
CLUB DE CAMIÑANTES DE VIGO
O CLUB DE CAMIÑANTES DE VIGO É UN GRUPO CONSOLIDADO DENDE HAI MAIS DE 10 ANOS, HOXE XA SON AMIGOS E AMIGAS CUNS FINS COMÚNS CAMIÑAR E CONVIVIR, E ESTIVERON A FIN DE SEMANA PASADA VISITÁNDONOS.

ESPERAMOS QUE VOLTEN POLAS RUTAS DE VILARDEVÓS E COMARCA, E QUE RECUPEREN FORZAS NO ALBERGUE DE VILARELLO DA COTA.

GRAZAS MARIANO POLA VOSA VISITA.


Comentarios (1) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 16-05-2009 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR, AGUSTÍN FERNÁNDEZ
PRÓXIMA LECTURA, O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR, DO ESCRITOR LUCENSE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ.

Colección de contos que xiran en torno ao amor. Hai unha trama de fíos invisibles que unen as vidas dos personaxes deste libro: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián... todos se enamoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles ver a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en tódalas súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata o que se mantén máis alá da morte. E sempre, os libros como compañeiros de aventuras.

"E cando me decato de como imos pasar por este mundo sen deixar rastro despois de levar unhas vidas estúpidas, comprendo con rabia que na vida o único que queda é o amor"
ORHAN PAMUK: Neve


Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 15-05-2009 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
CHAMÁDEME SIMBAD
FRANCISCO CASTRO AGASALLOUNOS CO
SEU NOVO LIBRO, CHAMÁDEME SIMBAD. UN LIBRO SOBRE AS AVENTURAS DUN AVÓ DESMEMORIADO E O SEU NETO.


"O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro. As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo si que comprende ao avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que cando as cousas se poñen feas, vai saber como actuar.Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos, e sobre todo, contra do egoísmo".

AGRADECEMOS UNHA VEZ MÁIS O APOIO AO NOSO CLUB DE LECTURA.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 11-05-2009 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
COMO CHO CONTO.......LETRAS GALEGAS 2009
CÓNTOCHE QUE POR MOR DAS LETRAS GALEGAS O CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL "PORTAS ABERTAS", HAI XA 11 ANOS QUE LEVA DESENVOLVENDO CONCURSOS DE CONTOS EN GALEGO NO CENTRO DE ENSINO DE VILARDEVÓS, DENDE HAI 9 ANOS NO
CEIP CASTRELO DO VAL E 3 ANOS NO CENTRO "RED CONECTA" EN VERÍN.

¡¡COMO CHO CONTO!!

(En breve colgaremos os traballos destes anos no blog)


AGRADECEMOS A COLBORACIÓN DO PROFESORADO DOS CENTROS DE ENSINO E A DOS PROFESIONAIS DA ENTIDADE QUE IMPULSAN A IMAXINACIÓN, A PAIXÓN POLA LECTURA E A CREATIVIDADE DA ESCRITURA...DENDE HAI ANOS E NA ACTUALIDADE, AGORA MAIS DIFÍCIL SE CABE COAS NOVAS TECNOLOXÍAS PERO COAS QUE TAMÉN SE PODE ARROUPAR ESTE DESENVOLVEMENTO CULTURAL.


ANIMANOS A PROFESORADO, VOLUNTARIADO E NAIS/PAIS A EXPOÑER, ESCOITAR, PARTICIPAR, COLABORAR NESTA E NOUTRAS ACCIÓNS DE DESENVOLVMENTO EDUCATIVO E CULTURAL QUE LEVAMOS A CABO NA ENTIDADE, POIS EDUCAR E ENSINAR TAMÉN É ISTO.

AS LETRAS GALEGAS 2009 ADÍCANSE A RAMÓN PIÑEIRO
E NESTE BLOG AMOSAMOS UN VÍDEO DOCUMENTAL PARA COÑECELO:

PINCHA AIQUÍ

BLOG EDITORIAL GALAXIA

E O FINAL DESTE CONTO É....QUE PASADOS 11 ANOS DE TER PARTICIPADO NUN CONCURSO DE CONTOS EN GALEGO DO CDR "PORTAS ABERTAS" EN COLABORACIÓN CO CEIP "RODOLFO NÚÑEZ" DE VILARDEVÓS, SIGO CO MESMO CONTO, VIVINDO E TRABALLANDO EN VILARDEVÓS, DESDE DONDE CHO CONTO.

Tamara, Rural....Naturalmente
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 08-05-2009 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
CONECTA XOVEN 2008/2009

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas e a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), xunto coa Fundación Esplai e Microsoft, están levando a cabo a 4ª Etapa do Proxecto CONECTA XOVEN. Un proxecto que involucra directamente a xuventude en tarefas de alfabetización dixital de persoas adultas do seu propio entorno.

Nesta 4ª Etapa están participando 18 mozos/as de idades comprendidas entre os 16 e os 18 anos. Estas/es mozos/as proceden de Verín e dos concellos dos arredores como Oimbra, Laza e Vilardevós; e veñen derivadas/os do IES Castro de Baronceli e do IES Xesús Taboada Chivite.

A día de hoxe 14 mozos/as xa están impartindo clases nos Concellos de Verín e Oimbra, o que fai que 53 persoas adultas xa se estén beneficiando de ditos cursos.

Están pendientes de comezar dous novos cursos. Un deles no Concello de Laza e o outro no Concello de Vilardevós.

Se tes entre 18 e 110 anos e ganas de aprender. Apúntate chamando ó 988 411 390 ou ó 608 342 695 e pregunta por Olga.

Como agradecemento o traballo feito polas e polos mozas/os, os días 30 e 31 de Maio terá lugar un encontro no que participarán as/os mozas/os de 6 das entidades:
- CDR Portas Abertas-FEMURO (Verín)
- ABERTAL, VIGO
- ABIERTO ASTURIAS, AVILÉS
- ACCEM, OVIEDO
- LA RONDILLA, VALLADOLID
que están levando a cabo o proxecto Conecta Xoven.

ESTE ENCONTRO DE XÓVENES SERÁ
NO CENTRO DE NATURALEZA SANTA CATALINA EN VECILLA, LEÓN
Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 06-05-2009 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
30-31 DE MAIO ENCONTRO NORTE
ANUNCIADO NO DIARIO DA
FUNDACION ESPLAI
Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 06-05-2009 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
ENTUSIASMO E PACIENCIA

Comentarios (0) - Categoría: OBRADOIROS TEAR E CESTERÍA - Publicado o 22-04-2009 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0