PROGRAMA
9H00 Concentração junto ao Centro Cultural em Chaves (antiga CP)
9H15 Partida em direcção a Segirei
10H15 Paragem em São Vicente da Raia para café e visita à aldeia
11H30 Caminhada pela Rota do Contrabando
Desde Cidadelha (Espanha) até Segirei
12H30 Visita a Segirei
13H30 Almoço na Praia Fluvial de Segirei
15H00 Actuação do grupo de Gaiteiros de Segirei
16H00 Momento cultural com a apresentação do Romance o Prazer e o Tédio de José Carlos Barros, e o livro António Pereira dos Santos - de CHAVES a COPENHAGA A Saga de Um Combatente de Gil M. Santos e Gil C. Santos, com a presença e participação dos autores.
18H30 Hora do Caldo
19H00 Encerramento do Encontro Convívio
Mais informações:
A data limite para inscrições é até dia 20 de Junho, data que não poderá ser mais alargada por motivo de o almoço ser servido por uma empresa flaviense de catering e termos de, com antecedência, dar-lhe o número de participação de pessoas. Por parte dos participantes não é necessário levar comida ou bebidas, pois para além do almoço, na Praia Fluvial, estará em funcionamento o Bar da Praia.
Recomenda-se a todos os participantes que levem roupa e calçado desportivo ou apropriado para a caminhada.
Recomenda-se também, para quem queira tomar banho na praia fluvial, que se façam acompanhar de fato de banho e toalha.
O preço de participação por pessoa é de 15 Euros, que inclui almoço e o caldo verde ao fim da tarde. O consumo no Bar da Praia, é por conta de cada um.
O Encontro Convívio, como de costume, é aberto para todos os autores de blogues ,Sites e colaboradores, para fotógrafos flickr, para familiares, amigos e também para a população de Segirei. Queremos um ambiente de festa e convívio, real e, por um dia, bem longe da INTERNET, gozando o salutar contacto com a natureza.
As inscrições podem ser feitas por mail para o Blog Chaves ou Blog de Segirei, respectivamente para:
proart@net.sapo.pt ou segirei@sapo.pt BLOG SEGIREI
QUE VAIA TUDO BEN, TANIA E COMPAÑÍA. PARABENS POR ESTA INICIATIVA.
Que mans, que paciencia, que gusto, que arte e que ben o pasan o grupo de mulleres de Vilardevós que lle dan ao Punto de Cruz.
A parte de estimular a psimotricidade, resulta que o Punto de Cruz é bo para olvidarse dos problemas, charlar do día a día, organizar encontros, compartir inquedanzas e sobre todo pasar o rato en boa compaña.
AL MAESTRAT, Albocaser, CASTELLÓN.
ALMANZOR, El Barco de Ávila, ÁVILA.
ARNICIO, Campo de Caso, ASTURIAS.
CARRIÓN DE LOS CONDES, PALENCIA.
CARRIÓN Y UCIEZA, Monzón de Campos, PALENCIA.
CULTURAL GRIO, Codos, ZARAGOZA.
EIRADA, Vilar de Santos, OURENSE.
LA HALLADERA, Porto de Sanabria, ZAMORA.
MONTAÑA Y DESARROLLO, Benalauría, MÁLAGA.
PASIEGA, Vega de Pas, CANTABRIA.
SASTIPEM THAJ MESTAPEM, Martín de la Jara, SEVILLA. AGLUTINADOS EN COCEDER, con sede en VALLADOLID
Recentemente foron entregedas os premios -LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO- aos/ás participantes nos CONCURSOS DE CONTOS EN GALEGO celebrados nos centros de ensino de Vilardevós e Castrelo do Val.
Noraboa a todos/as especialmente aos/ás gañadores/as.
Grazas aos centros de ensino pola vosa colaboración.
GRAZAS ás Entidades Sociais que fixeron posible este Encontro, e aos xóvenes de Comarca de Monterrei que aprenderon e disfrutaron desta experiencia ofertada polo CDR Portas Abertas e FEMURO.
Os días 2 e 3 de xuño celebrarase en VILARDEVÓS a Xunta Directiva e Asamblea de COCEDER, Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural de toda España.
Participarán máis de 22 entidades espalladas polo rural das comunidades autónomas de
Castela-León,
Asturias,
Andalucía,
Extremadura,
Aragón,
Comunidade Valenciana e
Galicia.
É un honor para o Centro de Desenvolvemento Rural "Portas Abertas" ser o anfitrión deste encontro e amosar o medio rural onde estamos a traballar e os nosos proxectos.
Nos pasados días 12 e 21 de Maio 2009, dentro dun marco de colaboración entre o CEIP de Castrelo do Val e a asociación do Centro de Desenvolvemento Rural ?Portas Abertas? vimos de levar a cabo unhas actividades, das que nos consideramos moi satisfeitos/as.
A nosa asociación sempre preconizou, que a comunidade escolar, non é unha illa, e as xeracións que van a protagonizar o noso futuro, deberían manter un contacto continuo e próximo co entorno, e non so a nivel medioambiental, paisaxístico e cultural, que dacotío vimos celebrando, senón que había que dar un paso máis para vincularnos coa realidade, coa parte productiva, coas potencialidades, coas empresas, cos protagonistas do noso desenvolvemento e as súas traxectorias polas xeracións que nos fixeron chegar ata aquí.
Así pensamos que os nenos e nenas do colexio de Castrelo do Val, que ademais no seu programa formativo estaban a tratar temáticas dos Sectores Productivos, deberían ver toda esa teoría na realidade, e para iso contactamos con algunhas empresas, para que puideran apreciar que toda a teoría, tiña unha plasmación sinxela no seu entorno, onde viran a veciños/as con iniciativas empresarias exitosas, que xeran traballo, que procuran riqueza á nosa sociedade pero dunha forma próxima, coñecida e real.
Agradecemos ás catro empresas ?Ecoagro, Gargalo, Aserradeiro de Pedra Castor, Agroalimentarias Antonio Martín- a súa disposición, e o seu esforzo, empresas nas que tamén apreciamos coincidencia coas nosas inquietudes, e que fixeron agradables para os nenos/as as visitas e as súas instalacións, onde se mostraron dispostos a explicar os procesos que estaban a desenvolver.
Tamén como colofón, sentímonos especialmente contentos/as por ser capaces de por un día trocar os habituais profesores/as que ensinan aos nosos nenos e nenas, por uns catedráticos da vida, tres persoas como Manuel Vaz, Pablo Serrano e Xosé Lois Vaz, que dende xeracións distintas foron quenes de expoñer as súas traxectorias profesionais e vivenzas persoais en eidos tan distintos como son os dun vello canteiro, un vocacional garda forestal e un innovador da gandeiría ecolóxica.
Os nenos/as, e os que tivemos o gusto de estar presentes puidemos ver como por un día, Avós, Amigos e coñecidos dalgúns dos nenos de Castrelo foron os protagonistas e abriron a súa vida coas asentidas exposicións e sobre todo coa enchenta de preguntas ás que foron sometidos todos eles polos nenos e nenas, boa proba do éxito da iniciativa.
Desto nós tamén aprendemos, unha vez máis, que os avós, os nosos maiores seguen sendo unha fonte inagotable de exemplo e ensinanzas.
Por unha vez, ímonos permitir darnos a nós mesmos (Colexio de Castrelo do Val e Portas Abertas) a noraboa da iniciativa.
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.