|
|
|
XOVES 1 E XOVES 8 DE OUTUBRO-----OBRADOIRO MULLERES II---- |
|
 Despois de formarnos con éxito os anos anteriores a través do Programa TEMPOS DE MULLERES da SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE (Xunta de Galicia), este segundo módulo procura por medio de dinámicas agradables e divertidas traballar o autocoñecemento, pautas para mellorar a autoestima, a toma de decisións, os usos do tempos das mulleres, e o reparto de responsabilidades.
Tamén analizará a imaxe da muller na publicidade.
O papel das mulleres no Século XXI.
ESTES RATOS AMENO DE APRENDIZAXE, LEVARASE A CABO NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO CONTRABANDO EN VILARDEVÓS.
A PARTIRES DAS 19.15 horas.
Mais información e inscricións no 988 41 72 32.
|
|
|
|
GRAN ANDAINA - VISTA PINTORESCA- e outras propostas para Outubro |
|
ANDAINA VISTA PINTORESCA, poderás ver dende as alturas gran parte da provincia de Ourense.
Comenzará no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós e enlazará este concello co de Castrelo do Val..
DÍA: SÁBADO 10 de outubro de 2009
SAÍDA E PERCORRIDO:
8.30H Centro de Interpretación do Contrabando. (A 730m de altura aprox).
- San Roque 1,4 km.
- Nacional 525 (a través da Flaira, Devesa, Osoño): 6,8km.
- Monteveloso (por Valdeguas, Portozón e Penavoeira): 6,4 km.
- Fontefría (polo alto de Servoi e Vilar) : 5,3 km.
- Alto do Foxo (ao carón de Peña Nofre): 2,5 km. (A 1.200m de altura aprox).
TOTAL: 22,4 KILÓMETROS
Tempo estimado 5 horas.
DIFICULTADE MEDIA.
RECOMENDACIÓNS:
Levar bo calzado, bebida, comida, ganas de camiñar e cámara de fotos.
Ter apoio propio para a volta (non hai autobuses).
ANIMÁDEVOS o esforzo merece a pena.
FOTOS D@S VALIENTES CAMIÑANTES POLA VISTA PINTORESCA:
|
|
|
|
ACTIVIDADES NA AULA RED CONECTA DE VERÍN |
|

|
|
|
|
FORMACIÓN PARA PERSOAS CON DIFICULTADES DE INSERCIÓN LABORAL |
|
CAMBIO DE UBICACIÓN:
Celebrarase o Curso na AULA 22 da CASA DA MÚSICA de Verín. |
|
|
|
25 DE SETEMBRO, VOLTA O CLUB DE LECTURA |
|
 O vindeiro 25 de setembro ás 17:30h o Club de Lectura "Portas Abertas" vólvese a reunir tras suspenderse a actividade durante o mes de agosto.
Se che gusta ler e compartir as túas lecturas, achégate polo Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós ou ben infórmate no teléfono 988417232.
Coñeceremos máis libros, máis autores e autoras, compartiremos lecturas, coñeceremos xente e maila "súa mirada"... Algúns dos títulos que se seleccionarán: Madame Bovary de Flaubert, El niño con el pijama de rayas de John Boyne, Brooklyn Follies de Paul Auster, As palabras da néboa de Francisco Castro... e moitos máis!
ADEMÁIS SE TAMÉN CHE GUSTA ESCRIBIR REALIZARÁNSE NO MES DE OUTUBRO -OBRADOIROS DE ESCRITURA-.
TAMÉN ORGANIZAREMOS ECONCONTROS CON OUTRAS CLUBS E VISITAS DE ESCRITORES/AS A VILARDEVÓS.
INFÓRMATE. |
|
|
|
CURSO PARA PERSOAS DESEMPREGADAS con saídas laborais na forestal. XA NON HAI PRAZAS |
|

|
|
|
|
+ E + RUTAS DO CONTRABANDO 2009 - XOVES 27 AGOSTO |
|
 Entre as mais de 70 persoas que participaron o sábado 22 na Ruta do Contrabando organizada polo CDR Portas Abertas, no camiñar daquel día, xurdíu a idea de querer seguir coñecendo as rutas existentes, sobre todo entre un grupo de persoas que a maior parte do ano están fóra.
Para revivir o ben que o pasaron decidiron pola súa propia conta organizar unha andaina o XOVES 27 DE AGOSTO ás 8 da mañá, saída diante do Concello de Vilardevós, dirección AS PICOTAS-FLORDERREI-ERMIDA DE PORTAS ABERTAS-SERRA DE PEÑAS LIBRES-SALTO DO CABALO-VILARDEVÓS-CENTRO DO CONTRABANDO.
Dende o CDR Portas Abertas publicitamos esta iniciativa surxida espontaneamente, que contará con voluntarios/as da entidade como guías, e sobre todo conta con ganas de camiñar, explorar o noso entorno e compartir pasos.
ANIMÁDEVOS QUENES ESTEDES AÍNDA DE VACACIÓNS E ACUDIDE ÁS 8 O XOVES A VILARDEVÓS,
BOA ANDAINA. |
|
|
|
CURSO PARA PERSOAS ACTIVAS puntuable en contratacións da administración ¡¡ XA NON HAI PRAZAS !! |
|

GRATUÍTO, pero con seguemento de asistencia xa que inspeccionan dende a Subdelegación do Goberno. |
|
|
|
ALGUNHAS FOTOS...GRAZAS POLA PARTICIPACION...VÉMONOS PRONTO NOUTRA |
|

FOTOS NOLI
RUTAS DO CONTRABANCO VILARDEVÓS
NOVA NA REGIÓN
|
|
|
|
COMEZARON A RODAR... |
|
 14 rapazas e rapaces de Vilardevós, comezaron o martes a patinar.
A pesares dalgunhas caídas no primeiro día o empeño e as ganas farán que ao longo do mes de agosto roden polas costas de Vilardevós ou das súas aldeas.
Itziar a monitora, con paciencia e motivación está a facer desta unha iniciativa divertida.
Grazas á colaboración do CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós polo préstamo das súas instalacións deportivas. |
|
|
|
|
|
|