|
|
|
CONECTA XOVEN 2009, + NO 2010. |
|
|
|
|
|
COMEZA O ANO MOLLÁNDOTE próximo día sábado 16 de xaneiro. |
|

SÁBADO 16 DE XANEIRO ÁS 11.OO HORAS RIO MOUCE, TERROSO. INFÓRMATE 988417232-670266580
ANÍMATE E PARTICIPA así o domingo 17 irás con mais ganas ao San Antón.
---------------------------------------------
DOMINGO 10 DE XANEIRO, IREMOS FACER LIMPEZA AO REGUEIRO DAS QUINTAS, VEIGA DAS MEAS.
AS 11.00 NA VEIGA DAS MEAS, AO CARÓN DA ANTIGA ESCOLA.
LEVAR COMIDA RECONSTITUINTE CADA PARTICIPANTE.
ANÍMATE, SERVE PARA LIMPAR TAMÉN O CORPO DESPOIS DESTAS FESTAS.
|
|
|
|
A ESMORGA DE EDUARDO BLANCO AMOR |
|

O club de lectura "Portas Abertas" non quería rematar o ano sen a lectura da obra da que se cumpren 50 anos da súa publicación, A Esmorga do escritor ourensán Eduardo Blanco Amor. Crónica amarga e brutal de tres homes marxinais e marxinados que ao longo de 24 horas deambulan polos aredores e baixos fondos da Auria (tranfondo ficcional de Ourense). Perseguidos pola xustiza e baixo a choiva e o frío da noite, Cibrán, o Bocas e o Milhomes encontrarán o seu desafogo no alcohol, no sexo e na violencia...
O 15 de XANEIRO ÁS 18:00H quedamos no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós para compartir a nosa lectura.
|
|
|
|
NOVOS PROXECTOS E CONVENIOS PARA O 2010 |
|
NOVA NA REXIÓN |
|
|
|
CONVENIO CON OBRA SOCIAL CAIXA GALICIA |
|
 |
|
|
|
PAULINO PEÑA RINDE HOMENAXE A LINGUA E A TERRA EN VILARDEVÓS |
|

O pasado mércores día 9 de decembro, o club de lectura "Portas Abertas" acolleu o encontro co poeta Paulino Peña para comentar o seu poemario Rodopíos no encoro e máis presentarnos Gramática da afirmación.
En palabras do autor, a súa obra é un "HOMENAXE A LINGUA E A TERRA". Unha lingua coidada e dignificada nos seus poemas. Unha terra sentida e querida. Coa vontade de comunicación co lector.
Agradecemos a Paulino esta tarde de recordos e esperanzas. |
|
|
|
PARA SAIR DA CRISE CON INICIATIVA PROPIA |
|

|
|
|
|
O SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DO MINISTERIO CONCÉDELLE A COCEDER-CDR PORTAS ABERTAS CURSOS CON SAÍDAS LABORAIS PARA MULLERES |
|

|
|
|
|
XORNADAS DE LIMPEZA DE RÍOS... MÓLLATE E PARTICIPA. |
|

PARTICIPA NA LIMPEZA DOS NOSOS RÍOS.
Paseo polos ríos retirando o lixo das súas beiras.
13 DECEMBRO, RÍO ARZOÁ EN ARZOÁ.
Camiñata dende a Silva ata Arzoá e limpeza da beira do río.
Autobús dende Verín, diante do Concello ás 11:00h.
Xantar no Centro Social de Arzoá.
20 DECEMBRO, RÍO FORNOS EN VILARDECERVOS.
3 XANEIRO, REGUEIRO DA FRAGA EN ARZÁDEGOS.
10 XANEIRO, REGUEIRO DAS QUINTAS NA VEIGA DAS MEÁS.
16 XANEIRO, RÍO MOUCE EN TERROSO. |
|
|
|
ENCONTRO CO POETA PAULINO PEÑA autor de RODOPÍOS NO ENCORO |
|

No club de lectura Portas Abertas estamos a ler Rodopíos no encoro, poemario de Paulino Peña Álvarez, P remio no X Certamen Francisco Añón de poesía, Concello de Outes, 2006.
"Encoros das augas dos ríos da vida, remuíños que remexen na memoria", con estas palabras, o autor refirese ao poemario.
O MÉRCORES 9 DE DECEMBRO,
ÁS 18:00H
ACHÉGATE POLO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO CONTRABANDO,
ENCONTRO persoal CON PAULINO PEÑA,
para intercambiar opinións, formularlle preguntas, etc. Ademáis de introducinos outro dos seus poemarios, Gramática da afirmación.
|
|
|
|
|
|
|