|
|
|
MEMORIA COCEDER 2008 |
|
MEMORIA COCEDER 2008 PDF |
|
|
|
HERBA MOURA DE TERESA MOURE |
|

O club de lectura Portas Abertas está a ler Herba Moura da monfortina Teresa Moure.
Premio Xerais 2005, trasládanos, da man dunha personaxe contemporánea chamada Einés Andrade, ao século XVII, onde nos atopamos coa figura dun Descartes humano e fráxil e, sobre todo, coa presenza de dúas mulleres: a ráiña Christina de Suecia e Hélène Jans, una entrañabel meiga residente en Amsterdam. Botando man de recursos tan dispares como a epístola, o diario, o ensaio ou a poesía, a autora contrúe unha novela estilisticamente deslumbrante, sen caer nunca no lirismo gratuíto nin no sentimentalismo. Herba Moura é un canto ás paixóns: á paixón amorosa, desde logo, mais tamén a outras paixóns deostadas como a do amor polo coñecemento, a da amizade, a da maternidade, a da lectura e a da palabra. Esta novela engailante deita unha ollada crítica sobre o devir das mulleres na historia, dándolles voz e recupérandoa para elas.
Xuntámonos o luns 8 de marzo DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA para comentala novela, ás 17:00h no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós. |
|
|
|
ORIENTACIÓN, FORMACIÓN E PROMOCIÓN DO AUTOEMPREGO |
|

O CDR Portas Abertas está a levar a cabo o proxecto "Orientación, formación e promoción do autoemprego" financiado por Obra Social Caixa Galicia, no cal estanse a desenvolver algunhas das seguintes actuacións:
-Bolsa de emprego, que conta cos seguintes servizos:
Publicación no taboleiro de anuncios de ofertas de emprego actualizadas diariamente.
Publicación de información sobre formación e becas actualizadas semanalmente.
Realización e envíos de currículos.
Orientación laboral.
Proporcionar ás empresas que así o desexen posibles candidatos/as para as vacantes que oferten.
- Preparación para as probas de competencias clave, un requisito para os novos certificados de profesionalidade.
- Alfabetización dixital de persoas adultas.
- Apoio escolar a menores, tódolos martes durante dúas horas, en Vilardevós, estase a traballar con menores en materia de reforzo escolar.
C.D.R. PORTAS ABERTAS... CLASES PARA A ESCOLA DA VIDA |
|
|
|
COLABORAMOS NA XORNADA "A SAÚDE DAS MULLERES", SÁBADO 6 DE FEBREIRO. |
|
 A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "ENTRE NÓS" DE VILARDEVÓS ORGANIZA UNHA XORNADA PARA O SÁBADO 6 DE FEBREIRO DE 2010, ÁS 17.00H, NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO CONTRABANDO.
A PONENTE DE PRESTIXO NESTE CAMPO É DNA. ELOINA NÚÑEZ MASID, XERENTE DO COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE CON RAÍCES EN VILARDEVÓS.
ESTA XORNADA "A SAÚDE DAS MULLERES" ESTÁ FINANCIADA POLA CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR.
AO REMATE, CUNHA ASISTENCIA DE MEDIO CENTEAR DE MULLERES, DISFRUTAMOS DO DOCUMENTAL "PEGADAS DE MULLER" EDITADO POR FEMURO SOBRE MULLERES DA COMARCA DE MONTERREI E LIMÍTROFES. |
|
|
|
O ROTEIRO DA ESMORGA |
|

O pasado sábado 30 de xaneiro, o club de lectura Portas Abertas desprazouse ata Ourense para percorrer aquelas rúas que Eduardo Blanco Amor evoca na súa novela A Esmorga. Espazos identificados con nove placas de cerámica que sinalan as oito paradas do roterio (a nove situase na que foi casa de Blanco Amor) por onde van pasando O Bocas, O Milhomes e O Cibrán. |
|
|
|
CDR PORTAS ABERTAS E OBRA SOCIAL LA CAIXA |
|

|
|
|
|
CONSTRUCCIÓN E COLOCACIÓN DE CAIXAS NIÑO |
|
 O pasado venres 22 levouse a cabo un obradorio de construcción de niños cos nenos e nenas do CEIP Rodolfo Núnez de Vilardevós co fin de recolonizar as especies autóctonas e o venres 29 colocáronse os mesmos pola ribeira do río Fornos.
Con esta actividad rematamos co proxecto "Móllate polo río" do Programa de Voluntariado en Ríos 2009 que viñamos desenvolvendo dende o mes de outubro.
Gracias a tódolos/as participantes!
SEGUIREMOS A PROMOVER A PARTICIPACIÓN E IMPLICACIÓN ACTIVA DA SOCIEDADE NA CONSERVACIÓN E MELLORA DO NOSO MEDIO AMBIENTE.
EN BREVE IMOS COLGAR mais FOTOS DAS ACTIVIDADES DESENVOLTAS. |
|
|
|
CO ALUMNADO DO CEIP RODOLFO NÚÑEZ DE VILARDEVÓS |
|

|
|
|
|
OBRADOIRO DE AFORRO DE AUGA NO FOGAR |
|

O pasado xoves 21 de xaneiro realizouse un Obradoiro de aforro de auga no fogar no marco da "Campaña de aproveitamento sostible da auga" que o CDR Portas Abertas está levando a cabo dentro do seu proxecto "Móllate polo río", do Programa Voluntariado en ríos 2009 xestionado polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño a través da Confederación Hidrográfica do Douro.
O fin é afondar nunha maior concienciación sobre a importancia da auga como recurso natural escaso e insustituible e sensibilizar na responsabilidade que todos temos na súa axeitada xestión.
|
|
|
|
CAMPAÑA DE APROVEITAMENTO SOSTIBLE DA AUGA |
|

|
|
|
|
|
|
|