12 ALUMNAS DO CURSO DE COCEDER DE "AXUDA A PERSOAS DEPENDENTES NO FOGAR" CELEBRADO EN VILARDEVÓS
COMEZARON A FACER PRÁCTICAS NO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR COA EMPRESA DA COMARCA ALPIXENDRA.
DESPOIS DA TEORÍA ESPERAMOS QUE COAS PRÁCTICAS COMPLETEN A FORMACIÓN E LLES SIRVA DE SAÍDA LABORAL.
OBRA SOCIAL CAIXA GALICIA, a través dun proxecto de Educación Ambiental e fomento da participación na reforestación de áreas degradadas, están levando a cabo, con centros de ensino de toda Galicia, a plantación de castiñeiros nos montes de Soutochao.
Portas Abertas como entidade de información e orientación no emprego (Apoiada por Obra Social Caixa Galicia) colaborou na búsqueda de monitores/as locais para que participaran coa empresa Terranova no desenvolvemento desta iniciativa.
Esperamos que as plantacións de castiñeiros duren moitos anos e non sexan pasto dos incendios forestais.
Dende o CDR Portas Abertas levamos anos mantendo e recuperando a Cestería e o Tear, e hoxe xa existen homes e mulleres que coma complemento e afición fan traballos que son obras de arte.
A cestería transmitese itinerantemente, a través de cursos en distintas aldeas da Comarca, e o Tear apréndese en grupo coas mulleres de Vilardevós no Obradoiro con teares artesanais existente en locais anexos do CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós.
Se hai persoas interesadas en participar, formarse, ou visitar e ver poden chamar ao 988417232.
De momento ahí van unhas mostras do que amosamos na Feira do Lázaro de Verín.
Dende o CDR Portas Abertas queremos amosar o impulso cara a igualdade plena que queremos promocionar dende o medio rural.
Cremos que a educación e a formación rompen estereotipos e dan mais poder ás mulleres para decidir sobre o seu futuro.
Na actualidade 30 mulleres se están a formar tódalas mañás en Vilardevós, 15 para "Atención e coidado a persoas dependentes no fogar" e 15 para "Creación de empresas: autoemprego".
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.