|
|
|
REGRESA O CLUB DE LECTURA PORTAS ABERTAS |
|

Tras unhas largas vacacións, o club de lectura Portas Abertas retoma a súa andaina coa lectura de El vagón de las mujeres da escritora Anita Nair.
Akhila, unha muller de corenta e cinco anos, solteira, e de quen dependeu sempre a súa familia sente un repentino impulso de fuxir de todo. No furgón dun tren que atravesa a India en dirección ao sur, encóntrase con outras cinco viaxeiras coas que comparte confidencias.
Janaki, una nai confundida; Margaret, unha profesora de química cun marido tiránico; Prabba, unha sumisa esposa que busca a súa verdadeira identidade; Shaela, unha rapaza de catorce anos que comprende os últimos desexos da súa avoa mellor qque ninguén; Marikolanthu, que viviu máis experiencias que todas elas xuntas; e Akhila, que espera que as súas historias cambien as súas vidas. Seis personaxes que se atopan nesta cálida novela para descubrir o amor, o matrimonio, a familia, a amizade e o traballo na India e no mundo.
Podedes pasar mañá venres 5 de novembro polo Centro de Interpretación do Contrabando, en Vilardevós, a recoller o libro.
|
|
|
|
PORTAS ABERTAS CULTURAL EN VILARDEVÓS: O GRUPO DE TEATRO LA CAJA DE PANDORA E MÚSICA GALEGA DE CANDAIRA |
|
 MOSTRAMOS A EXPOSICIÓN REMÓLLATE POLO RIO, E ACTUOU O GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA CANDAIRA.
|
|
|
|
CURSO DE FORMACIÓN FORESTAL |
|

|
|
|
|
MEMORIA COCEDER 2009 |
|
|
|
|
|
EXPOSICION NO CENTRO DO CONTRABANDO EN VILARDEVÓS "O mal e bo estado dos nosos rios". |
|

|
|
|
|
XORNADA DE PAIS/NAIS, SÁBADO 23 NA CIDADELLA |
|

|
|
|
|
AMPLIAMOS BIBLIOTECA E CLUB DE LECTURA |
|
 ESTAMOS A AMPLIAR A BIBLIOTECA GRAZAS A DONATIVOS DE EDITORIAIS, SUBVENCIÓNS E ESPECIALMENTE POLA APORTACIÓN DESINTERESADA DUNHA VECIÑA DE VILARDEVÓS.
TEMOS UN CLUB DE LECTURA CON MATERIAL DABONDO, ANÍMATE E ÚNETE, OU VEN POR PRÉSTAMO DE LIBROS.
988417232-rural@cdrportasabertas.org |
|
|
|
RUTA CAMIÑO PORTUGUÉS, SÁBADO 9 DE OUTUBRO |
|
|
|
|
|
SÁBADO 2 DE OUTUBRO, LIMPEZA DO RIO FORNOS, Feces de Cima |
|

E O XOVES 30 DE SETEMBRO ACOMPAÑAMOS ÁS PERSOAS DO CENTRO OCUPACIONAL DE VERÍN A DESCUBRIR O ENTORNO DO RIO DE ARZOÁ, APRENDEMOS, APRENDERON, COMPARTIMOS E PASÁMOLO BEN REMOLLÁNDONOS POLO RÍO.
|
|
|
|
REMÓLLATE POLO RÍO...ÚLTIMA RUTA FOTOGRÁFICA SÁBADO 25 DE SETEMBRO |
|
Quedamos ás 16.00 h. na ponte onde o merendeiro en TINTORES (VERÍN), e dende ahí imos pola beira do río Támega ata CASTRELO DO VAL.
As persoas que xa participaron en edicións anteriores que leven a camiseta do Programa de Voluntariado en Ríos, e as novas poden inscribirse antes nas oficinas do CDR Portas Abertas en Vilardevós, ou informarse no 988417232.
LEVAR CÁMARA, MÓVIL, AMIGOS, AUGA...
ESPERÁMOSVOS, AÍNDA NOS QUEDAN CAMISETAS. |
|
|
|
|
|
|