CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


DIARIO DA RECUPERACIÓN DO CAMIÑO PORTUGUÉS DA VÍA DA PRATA

22-05-2010: 9h da mañá en Soutochao.
Veciños de Soutochao (Moncho, Paco, José Antonio e Edesio) e de fora (Rosalía, José Antonio, Carlos e Pablo).

Unha vez visitadas as plantacións de castiñeiros realizadas na primavera por escolares de Galicia en Soutochao recollemos o avituallamento e emprendemos viaxe cara Vinhais (Portugal). Cun vehículo de apoio no que transportábamos o material a empregar. Unha hora mais tarde chegamos ás primeiras casas da poboación e alí comezou o noso PEREGRINAXE por terras do país veciño. Atopamos a primeira sinal do camiño nun poste de electricidade na última casa saíndo de Vinhais.
Comezamos un descenso pasando por un regueiro e a súa ponte de madeira. O noso traballo consistiu en repintar sinais antigas, poner outras novas, e en encrucilladas dubidosas poñer una estaca de madeira coa vieira e una frecha, sen estragar nada do entorno.
Emprendemos a subida a Soutelo, atopamos vexetación exuberante, pradería, carballeiras, piñeiros, e entre xaras e lavanda cantaban os reiseñores, así fíxosenos fascinante o camino emprendido. Cando o camiño chegaba novamente ao regueiro, atopamos dúas opción ben sinaladas (en función da canle íase por un lado ou por outro), ámbalas xuntábanse antes da primeira vivenda de Soutelo (una carpinteiría local).
Ao cruzar Soutelo iniciamos o descenso cara Sobreiro de Abaixo, por unha estrada local, e voltamos a cruzar una ponte, cun agasallo ao carón da igrexa (con campanario e reloxio) un niño de cigüeña, e no muro da igrexa estaba sinalado o camino. Os veciños dun pobo e doutro saludábannos e preguntaban, así Celia da Conceiçao contounos que pasaban moitos peregrinos, de Castela e o Sur de España. Ao pasar polos depósitos da auga de Sobreiro de Abaixo, inciciamos subida por un camiño de terra ata a Nacional que une Chaves e Vinhais e no cruce de Alveredos descansamos e tomamos un refrixerio, continuamos posteriormente subindo, sinalizando, e no alto comezamos a ver os pobos portugueses raianos, con paisaxes espectaculares. Voltamos a baixar, camiñando outro tramo pola Nacional.
Para non continuar cara Chaves e ir polo camiño mais antigo e recto hai que ter en conta no cruce que pon ?Santuario?-?Candedo-Aboá? que esta é a dirección axeitada, e hai que subir en dirección a estes pobos, descubrindo plantacións de castiñeiros a ambos lados do camiño.
Ao cruzar Candedo (con castiñeiros milenarios no centro do pobo) atopámonos co Santuario da ?Virxe Peregrina? nun entorno mimado e coidado, dirección do cemiterio de Candedo continúa o camiño e é aiquí onde se inicia a baixada caro o río Rabazal, baixada dura pero preciosa, onde se pintou nas rocas, no chan, para que ninguén se perda (á beira do río atópase o Santuario de Santiago). E á beira da ponte xantamos, iniciando despóis a gran subida de 3km con 30º de calor.
Chegamos a Edral cunha gran acollida polos veciños no Bar Central e no Centro de Día de Maiores, que xa noutras ocasións teñen amparado e auxiliado a peregrinos.
Dirección Ferreiros (ao carón dunha montaña de pedras) por un camiño de terra, pasamos por unhas praderías inmensas caro o río Mente, con cigüeñas polos arredores. De Ferreiros saímos cara Sandim pola estrada local e a uns 800m voltamos ao camiño de terra para cruzar Sandim, e comezar a baixada ao río Mente ata a súa área recreativa onde descansamos (despois de 30km) e nos felicitamos pola recuperación de gran parte do camiño, sabendo que demomento non haberá perda para os peregrinos, e quedamos para o día seguinte.

23-05-2010: 9h da mañá en Segirei.(Portugal)
Veciños de Soutochao (Moncho e José Antonio), de Segirei (Tania) e de fora (Toño, José, Carlos e Pablo).

Retomamos dende a área recreativa do río de Segirei arrincando o Camiño conxuntamente coas Rutas do Contrabando, pasando polo centro de Segirei e continuando polas horas, piñeiros cara a fervenza da Cidadella.
Marcamos (en rochas e en lugares que non inteririran), estacamos en lugares e cruces dubidosos.
Continuamos pola Ruta do Contrabando de Soutochao (España). O noso compañeiro Carlos de Toledo quedou moi impactado por tanta beleza no entorno da Cidadella e dende esta a vista inconfundible ao fondo de Segirei. E continuamos marcando entre auga, arboreda, muíños e fontes, con pausa para xantar neste maravilloso entorno.
Á altura do terceiro muíño o camiño sae á estrada, ata a igrexa de Soutochao, e ata a parada do autobús de Soutochao e segue a sinalización por un camiño de terra dirección a Lamardeite??..??.continuaremos???.para revivir e recuperar o paso por Vilardevós do Camiño Portugués da Vía da Prata. ? VINHAIS-SEGIREI-SOUTOCHAO- VILARDEVÓS-VERÍN-.
En todo este tramo percorrido non se atopa ningún albergue,
a hospitalidade dos veciños e os locais socias e particulares acollen aos peregrinos.
Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 24-05-2010 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0