As ONGs galegas veñen de presentar en Santiago a campaña de concienciación aos/ás contribuíntes para que marquen a X Solidaria de fins sociais na súa declaración da renda.
Co obxectivo de seguir aumentando o número de contribuíntes que apostan por marcar a X Solidaria, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual en Galicia (FADEMGA), a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD), a Fundación Secretariado Gitano, a Confederación de Centros de Desarrollo Rural (COCEDER) e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), únense este ano de novo para reforzar a información dirixida á cidadanía baixo o lema Non te esquezas. Marca a X Solidaria
O sector solidario impulsor desta Campaña considera vital que, nun contexto de crise financeira que actualmente afectados aos colectivos máis vulnerables e desprotexidos, se sega incrementando a recadación da cota íntegra dos contribuínte para Fins Sociais.
O sistema de asignación tributaria do IRPF é, polo tanto, un instrumento esencial da política social do Estado para a loita contra a exclusión social que, ademais, non custa nada ao contribuínte. É dicir, marcándoa non van cobrar máis nin van devolver unha cantidade de euros distinta, xa que a cifra destinada e eses fins sae unicamente dos impostos retidos polo Estado. O feito de marcar esta casiña de Fins Sociais non exclúe de marcar tamén a da Igrexa Católica. Neste caso, marcando as dúas, destinarase o 0,7% da cota a fins sociais e outro 0,7% á Igrexa.
No conxunto do estado español son catro as plataformas que apoian esta campaña: Plataforma de Voluntariado de España, Plataforma de Organizacións de Infancia, Plataforma de ONG de Acción Social e Coordinadora Española de Organizacións non Gubernamentais para o Desenvolvemento.
En Galicia as entidades que impulsan esta inicitiva son:
Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Entidade sen ánimo de lucro posta en marcha en 1990, declarada de utilidade pública e recoñecida legalmente como entidade colaboradora en materia social en favor das persoas con discapacidade física. Está constituída por catro federacións provinciais e por preto de 50 asociacións comarcais e locais, o que a converte na entidade máis representativa do colectivo de persoas con discapacidade en Galicia.
Federación de Asoc. das Persoas con Discapacidade Intelectual en Galicia (FADEMGA). Cun total de 41 asociacións galegas federadas, FADEMGA FEAPS GALICIA está integrada na Confederación FEAPS (Confederación Española de Organizacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual). Conta con preto de 4.700 persoas con discapacidade intelectual, 10.000 asociados, 87 centros que ofertan máis de 170 servizos e 1.377 profesionais ademais de superar os 1.200 voluntarios.
Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD). Institución sen ánimo de lucro que nace en 1991 co obxectivo de dar a coñecer á cidadanía galega o traballo das ONGD con presenza na nosa comunidade. En xaneiro de 2009, había inscritas no rexistro galego de ONGD 185 organizacións, das que 48 están integradas na Coordinadora.
Fundación Secretariado Gitano. Entidade social sen ánimo de lucro que presta servizos para o desenvolvemento da comunidade xitana en todo o estado español e no ámbito europeo. Comezou a traballar nos anos 60 e constituíuse como Fundación en 2001.
Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)
É unha entidade sen ánimo de lucro fundada en 1979 e, na actualidade, está integrada por sete asociacións. A súa misión é asegurar o desenvolvemento global das persoas xordas de Galicia en condicións de accesibilidade universal e igualdade de oportunidades
Confederación de Centros de Desarrollo Rural (COCEDER). Entidade sen ánimo de lucro formada por un conxunto de Centros de Desenvolvemento Rural (CDR que traballa en proxectos de desenvolvemento rural promovendo a participación activa da poboación local mediante a cooperación e o voluntariado social.
Convidamos a que nos espazos dos medios de comunicación, nas webs, blogs, etc, se visibilice esta información que se pode descargar na seguinte páxina
MARCA FINES SOCIAIS
CUN PEQUENO XESTO AS COUSAS CAMBIAN: Non te esquezas, marca a X Solidaria
X SOLIDARIA