CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


LA ELEGANCIA DEL ERIZO, Muriel Barbery.
Seguimos a ler no club de lectura "Portas Abertas", esta vez a elección entre tódalas persoas participantes foi La elegancia del erizo da escritora francesa Muriel Barbery.

Con máis dun ano nas listas dos máis vendidos, La elegancia del erizo comeza no número 7 da rúa Grenelle, un inmoble burgués de París, onde nada é o que parece. Dous dos seus habitantes agochan un segredo. Renée, a porteira, leva moito tempo finxindo ser unha muller común. Paloma ten doce anos e oculta unha intelixencia extraordinaria. Ambas levan unha vida solitaria, mentras se esforzan por sobrevivir e vencer a desesperanza. A chegada dun home misterioso ao edificio propiciará o encontro destas dúas almas xemelgas.

Xuntas, Renée e Paloma descubrirán a beleza das pequenas cousas. Invocarán a maxia dos praceres efímeros e inventarán un mundo mellor. La elegancia del erizo é un pequeno tesouro que nos revela como acadar a felicidade grazas á amizade, ao amor e á arte. Mentres pasamos as páxinas cun sorriso, as voces de Renée e Paloma texen, cunha linguaxe melodiosa, un cautivador himno á vida.

Quedamos o venres 30 de abril ás 18:00h para recoller o libro e falar sobre a autora, no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós.


SE ALGUÉN QUERE PARTICIPAR POR PRIMEIRA VEZ SOAMENTE TEN QUE ACUDIR Á CITA.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 29-04-2010 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0