O vindeiro 25 de setembro ás 17:30h o Club de Lectura "Portas Abertas" vólvese a reunir tras suspenderse a actividade durante o mes de agosto.
Se che gusta ler e compartir as túas lecturas, achégate polo Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós ou ben infórmate no teléfono 988417232.
Coñeceremos máis libros, máis autores e autoras, compartiremos lecturas, coñeceremos xente e maila "súa mirada"... Algúns dos títulos que se seleccionarán: Madame Bovary de Flaubert, El niño con el pijama de rayas de John Boyne, Brooklyn Follies de Paul Auster, As palabras da néboa de Francisco Castro... e moitos máis!
ADEMÁIS SE TAMÉN CHE GUSTA ESCRIBIR REALIZARÁNSE NO MES DE OUTUBRO -OBRADOIROS DE ESCRITURA-.
TAMÉN ORGANIZAREMOS ECONCONTROS CON OUTRAS CLUBS E VISITAS DE ESCRITORES/AS A VILARDEVÓS.
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.