 María Lois, profesora da Universidade Complutense de Madrid, forma parte da equipa dun proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Educación para o estudo da fronteira España-Portugal nos séculos XIX e XX.
Esta equipa, conformada por xeógrafos/as, antropólogos/as, e politólogos/as portugueses e españois, está a traballar por toda a raia, e sobre aspectos moi diferentes: dende os tratados de delimitación da fronteira do ano 1864 até a Eurocidade Chaves-Verín, pasando pelo Gabinete de Iniciativas Transfronterizas da Junta de Extremadura, as memorias do contrabando ou o Couto Mixto.
María está a estudar as prácticas transfronteirizas na actualidade, dentro da vida nun Concello da fronteira galego-portuguesa. Isto abarcaría o Concello de Vilardevós, o Centro de Interpretación do Contrabando, e as actividades, programas e experiencias do Centro de Desenvolvemento Rural ?Portas Abertas?, implicado co medio rural neste caso, da raia.
|