 CONTINUAMOS LENDO NO CLUB DE LECTURA, O CLUB DA CALCETA, DA TRADUCTORA E INTÉRPRETE LUCENSE MARÍA REIMÓNDEZ.
Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas fustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega ou minosvalora.
A autora de O club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.
O luns 29 de xuño estará a disposición o libro e decidiremos as datas de xuntanza para comentar a obra.
|