Este venres e sabádo, días 21 e 22 de febreiro, voluntarios/as do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas estarán no supermercaDo Eroski de Verín para recoller alimentos donados polos consumidores para o programa de emerxencia social. Esta actuación enmarcase na "Operación Kilo" do grupo Vegalsa, ó que pertence este supermercado.
Agardamos que unha vez máis os veciños/as da Comarca colaboren coa entidade con pequenas doacións de productos de primeira necesidade.
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.