
No 2009 xa houbo quen descubriu a gran paisaxe que se pode ir observando dende Vilardevós ata o alto de Peña Nofre en Castrelo do Val, camiños, bosques e paisaxes que van abrindo o horizonte que nos rodea, xa se nota o arrecendo do outono (castañas, cogumelos, follas caídas...).
Nesta Andaina formalizaremos a través dun convenio a colaboración que mantemos dende hai anos na área medioambiental e deportiva coa Asociación Ruta das Augas de Verín.
Nesta ponte do Pilar que mellor que disfrutar da natureza e do noso entorno.
Infórmate e inscríbite nos teléfonos ou nas direccións do cartaz, o custe é de 3?.
Xa está preparada a II ANDAINA VISTA PINTORESCA, é realmente impactante, poderemos contemplar media provincia de Ourense, ata Portugal e Castela. E para que os camiñantes poidan participar na do Riós o domingo, e non quedarse fríos e marchar nada mais chegar ou ir xantar á casa, VAMOS A FACELA AO REVÉS, ás 8.30h o autobús levaranos a Peña Nofre e remataremos no Centro do Contrabando. VÉMONOS.
________________________________________
QUE DIA TAN BO TIVEMOS, algunhas fotos do medio centenar que nos xuntamos a disfrutar dunhas vistas impresionantes.
|