Camiñata ao amencer por terras de contrabandistas.
Saída e chegada a Arzádegos (Vilardevós, Ourense), perto de muiños e camiños con historias caladas de contrabando.
Inscribirse con anterioridade para facer previsión do chocolate e churros.
Esperámosvos.
Xa está a Ruta sinalada, guiaranos Beni "Cienfuegos", veciño de Florderrei, gran coñecedor destes camiños, en tempos tamén de noite. Traede auga, roupa e calzado cómodo.
Daranos apoio Protección civil de Vilardevós pero hai que facer caso das indicacións que repasaremos ao comezo.
--------FOTOS DA XENTE E DOS LUGARES DA ENTRAÑABLE MAÑÁN QUE PASAMOS POR TERRAS DE CONTRABANDISTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.