CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


VERÁN ABERTO en Vilardevós e Verín.

O Centro de Desenvolvemento Rural "Portas Abertas" ofrece dende hai xa varios anos actividades no VERÁN ABERTO en Vilardevós no Centro de Interpretación, e agora tamén en Verín na "Casiña" de Rúa Mariano Carrero 10, para rapaces e rapazas en idade escolar.

Estas actividades son apoiadas polo seu aspecto pedagóxico e lúdico pola Fundación SM (Fundación Santa María-www.fundacion-sm.com ) e terán horario de mañán de 10.00 a 13.00h e pola tarde de 16.00 a 18.30 h, durante os meses de xullo e agosto.

Combinaranse xogos e aprendizaxe en áreas coma a lectura e escritura, idiomas, xogos matemáticos e de estratexia coma os xogos de mesa (xadrez, dominó, parchís...), obradoiros de consumo responsable, de supervivencia doméstica, exploracións polo pobo e vila, medioambientais e de ecoloxía, multiculturais, tradicionais, novas tecnoloxías, videoteca, etc.

Tamén se traballará reforzo escolar cos menores pertencentes a familias mais desfavorecidas.

Poden inscribirse previamente chamando o 988417232, ou acudir libremente se hai prazas dispoñibles, cada tarde ou mañá custará 1,00?.

www.cdrportasabertas.org rural@cdrportasabertas.org
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 20-06-2012 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0