CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


PORTAS ABERTAS NA XXI ASAMBLEA ANUAL DE COCEDER
O 27 de maio de 2011 representantes dos Centros de Desenvolvemento Rural de diversas rexións españolas reuníronse en Carrión de los Condes, para valorar a actuación de COCEDER no ano 2010 e planificar as actuacións no 2011.

Durante o 2010 cabe destacar o traballo realizado en pro da eficacia e eficiencia na xestión da Confederación, para o cal completouse un primeiro proceso de autoavaliación, obtendo un informe de homologación en EFQM cunha puntuación entre 225-250, que permitiru definir tres plans de acción.

Tamén se traballou na cohesión e o fortalecemento, coa participación de membros dos CDRs, voluntariado e equipo técnico, definindo e elaborando diversos documentos base de axuda metodolóxica para traballar no medio rural.

Despois da XXI Asamblea realizamos unha visita ao CDR "Carrión de los Condes? e aos programas que leva esta entidade.

Por último asistimos ao Foro ?La otra historia del mundo rural?, celebrado no Municipio Ecolóxico "Amayuelas de Abaixo", que tivo como ponente a Félix Rodrigo Mora, estudoso do mundo rural, escritor e autor do libro ?Naturaleza, ruralidad y civilización?, co que polemizamos, debatimos e pasamos unha entrañable noite.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-06-2011 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0