|
|
|
AVISOS PARA A RUTA "Vamos de Contrabando" o 15 de abril. |
|
Nestes enlaces podes descargar arquivos para visualizar a Ruta no google earth e tamén para distintos GPS.
VAMOS DE CONTRABANDO .kml google earth
VAMOS DE CONTRABANDO .shx
VAMOS DE CONTRABANDO .dbf
VAMOS DE CONTRABANDO .prj
VAMOS DE CONTRABANDO .apl
VAMOS DE CONTRABANDO .shp
VAMOS DE CONTRABANDO .apx
AVISO IMPORTANTE, nas datas de Semana Santa tivemos problemas no servidor de correo polo que se alguén enviou mail para inscribirse á Ruta a través de rural@cdrportasabertas.org que volva a reenvialo que agora xa vai correctamente. Perdoen as molestias.
|
|
|
|
VAMOS DE CONTRABANDO O DOMINGO 15 DE ABRIL. |
|
 Este ano os PASOS DE SEMANA SANTA dámolos no fin de semana seguinte conxuntamente con veciños e veciñas de Portugal, así que a parte de dar un paseo precioso será un encontro de confraternidade dende VILARDEVÓS a SEGIREI.
Con anterioridade pódese ir entrenando o día 1 de Abril na II Carreira-Andaina do Pozo do Demo. |
|
|
|
RUTAS DO CONTRABANDO POR VILARDEVÓS |
|
MAIS INFORMACIÓN E ORGANIZACIÓN DE GRUPOS A TRAVÉS DA ASOCIACIÓN C.D.R. PORTAS ABERTAS NAS DEPENDENCIAS DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO CONTRABANDO EN VILARDEVÓS (OURENSE) .
|
|
|
|
RUTAS DO CONTRABANDO NO OUTONO |
|

|
|
|
|
QUE TERÁ A RUTA LARGA DO CONTRABANDO... |
|
QUE AS MULLERES DE SANTIAGO LLES GUSTA TANTO...
Pasamos unha fin de semana entrañable, ao comezar outubro, cun grupo de 37 persoas de Santiago (encantadoras, alegres e agradecidas) que visitaron as Rutas do Contrabando e tamén as Rutas gastronómicas de Chaves e Vilardevós.
VOLTARÁN!! |
|
|
|
RUTA DO CONTRABANDO VERÁN 2011 |
|
 Ruta pensada para as persoas que están a desfrutar do seu pobo ou están de turismo polo Concello de Vilardevós, así coma amigos e familiares da zona que tamén queiran acompañar.
Colleremos forzas con chocolate e churros ás 7.30h no Centro do Contrabando en Vilardevós, e ata agotar existencias levarán unha camiseta de agasallo cortesía do Centro Veterinario Albeitar de Verín.
Despois da Ruta queda todo o día para desfrutar das Festas na Honra de San Roque en Vilardevós.
__________________________________________________
O Domingo 21 de agosto 90 persoas levantáronse para percorrer pola fresca 13 km da Ruta do Contrabando.
Para coller forzas tomamos chocolate con churros e coma agasallo unha camiseta este ano patrocinada polo CENTRO VETERINARIO ALBEITAR DE VERÍN, ata agotar existencias.
Sobre as 12h xa rematáramos o percorrido pola Ribeira de Vilardevós, o alto de Penas Ceibes, a Ermida de Portas Abertas a baixada ata as Picotas, as vistas, a paisaxe, as conversas, e as anecdotas coma a familia cos dous cativos dan fe da boa xornada que pasamos e mostrámolos nas fotos de varios colaboradores.
Agradecementos a Protección Civil do Concello de Vilardevós, ás persoas voluntarias do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas que fixeron posible que sexa xa o terceiro ano dunha actividade consolidada. Ata o próximo verán. |
|
|
|
VENRES SANTO: RUTA DO CAMIÑO PORTUGUÉS (VERÍN-CIDADELLA) |
|
 Dende hai varios anos xa ven sendo unha tradicción os PASOS EN SEMANA SANTA por Vilardevós e Comarca, así coma desfrutar da nosa natureza e entorno rural no ALBERGUE EN VILARELLO DA COTA.
A PESARES DA AMEAZA DE CHOIVA OS PASOS DE 200 PERSOAS NON PARECEN RESIGNARSE, CONTAMOS CON VARIOS AUTOBUSES PARA A VOLTA E ANTES O XANTAR NA ESCOLA DE SOUTOCHAO.
BOA PEREGRINAXE.
|
|
|
|
RUTA CAMIÑO PORTUGUÉS, SÁBADO 9 DE OUTUBRO |
|
|
|
|
|
|
|

|
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
|