CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


CURSO PARA PERSOAS ACTIVAS puntuable en contratacións da administración ¡¡ XA NON HAI PRAZAS !!

GRATUÍTO, pero con seguemento de asistencia xa que inspeccionan dende a Subdelegación do Goberno.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-08-2009 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZARON A RODAR...

14 rapazas e rapaces de Vilardevós, comezaron o martes a patinar.
A pesares dalgunhas caídas no primeiro día o empeño e as ganas farán que ao longo do mes de agosto roden polas costas de Vilardevós ou das súas aldeas.

Itziar a monitora, con paciencia e motivación está a facer desta unha iniciativa divertida.

Grazas á colaboración do CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós polo préstamo das súas instalacións deportivas.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 05-08-2009 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
VERÁN ABERTO 2009
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-07-2009 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
AGOSTO SOBRE RODAS NO RURAL...SÚBETE

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-07-2009 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
POLOS CAMIÑOS DA AUGA
O venres 26 de xullo realizamos dendo o CDR Portas Abertas unha viaxe didáctica e de ocio para os/as participantes en moitas das actividades desenvoltas durante todo o ano, fomos polos "CAMIÑOS DA AUGA" visitando os muiños do Concello de Ribadumia e polas praias da Illa de Arousa, na COMARCA DO SALNÉS.

Levamos de convidados/as aos rapaces e rapazas do novo CENTRO DE DÍA PARA MENORES DA CRUZ VERMELLA DE VERÍN, , e entre todos e todas pasamos un día inesquecible, e iso que saimos con chuvia dende Vilardevós.

De VIAXE RIBADUMIA E ILLA AROUSA
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 02-07-2009 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
COLABORACIÓN NO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN PARA O ESTUDIO DA FRONTEIRA ESPAÑA-PORTUGAL NOS SÉCULOS XIX E XX
María Lois, profesora da Universidade Complutense de Madrid, forma parte da equipa dun proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Educación para o estudo da fronteira España-Portugal nos séculos XIX e XX.

Esta equipa, conformada por xeógrafos/as, antropólogos/as, e politólogos/as portugueses e españois, está a traballar por toda a raia, e sobre aspectos moi diferentes: dende os tratados de delimitación da fronteira do ano 1864 até a Eurocidade Chaves-Verín, pasando pelo Gabinete de Iniciativas Transfronterizas da Junta de Extremadura, as memorias do contrabando ou o Couto Mixto.

María está a estudar as prácticas transfronteirizas na actualidade, dentro da vida nun Concello da fronteira galego-portuguesa. Isto abarcaría o Concello de Vilardevós, o Centro de Interpretación do Contrabando, e as actividades, programas e experiencias do Centro de Desenvolvemento Rural ?Portas Abertas?, implicado co medio rural neste caso, da raia.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 02-07-2009 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
ESCOLA GALEGA DE CONSUMO EN VILARDEVÓS.
ANÍMATE A PASAR UNHA TARDE INTERESANTE, DINÁMICA E DE APRENDIZAXE.




INSTITUTO GALEGO CONSUMO, Xunta de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 01-07-2009 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
CEIP CASTRELO DO VAL-CDR PORTAS ABERTAS
Nos pasados días 12 e 21 de Maio 2009, dentro dun marco de colaboración entre o CEIP de Castrelo do Val e a asociación do Centro de Desenvolvemento Rural ?Portas Abertas? vimos de levar a cabo unhas actividades, das que nos consideramos moi satisfeitos/as.

A nosa asociación sempre preconizou, que a comunidade escolar, non é unha illa, e as xeracións que van a protagonizar o noso futuro, deberían manter un contacto continuo e próximo co entorno, e non so a nivel medioambiental, paisaxístico e cultural, que dacotío vimos celebrando, senón que había que dar un paso máis para vincularnos coa realidade, coa parte productiva, coas potencialidades, coas empresas, cos protagonistas do noso desenvolvemento e as súas traxectorias polas xeracións que nos fixeron chegar ata aquí.

Así pensamos que os nenos e nenas do colexio de Castrelo do Val, que ademais no seu programa formativo estaban a tratar temáticas dos Sectores Productivos, deberían ver toda esa teoría na realidade, e para iso contactamos con algunhas empresas, para que puideran apreciar que toda a teoría, tiña unha plasmación sinxela no seu entorno, onde viran a veciños/as con iniciativas empresarias exitosas, que xeran traballo, que procuran riqueza á nosa sociedade pero dunha forma próxima, coñecida e real.

Agradecemos ás catro empresas ?Ecoagro, Gargalo, Aserradeiro de Pedra Castor, Agroalimentarias Antonio Martín- a súa disposición, e o seu esforzo, empresas nas que tamén apreciamos coincidencia coas nosas inquietudes, e que fixeron agradables para os nenos/as as visitas e as súas instalacións, onde se mostraron dispostos a explicar os procesos que estaban a desenvolver.

Tamén como colofón, sentímonos especialmente contentos/as por ser capaces de por un día trocar os habituais profesores/as que ensinan aos nosos nenos e nenas, por uns catedráticos da vida, tres persoas como Manuel Vaz, Pablo Serrano e Xosé Lois Vaz, que dende xeracións distintas foron quenes de expoñer as súas traxectorias profesionais e vivenzas persoais en eidos tan distintos como son os dun vello canteiro, un vocacional garda forestal e un innovador da gandeiría ecolóxica.
Os nenos/as, e os que tivemos o gusto de estar presentes puidemos ver como por un día, Avós, Amigos e coñecidos dalgúns dos nenos de Castrelo foron os protagonistas e abriron a súa vida coas asentidas exposicións e sobre todo coa enchenta de preguntas ás que foron sometidos todos eles polos nenos e nenas, boa proba do éxito da iniciativa.

Desto nós tamén aprendemos, unha vez máis, que os avós, os nosos maiores seguen sendo unha fonte inagotable de exemplo e ensinanzas.

Por unha vez, ímonos permitir darnos a nós mesmos (Colexio de Castrelo do Val e Portas Abertas) a noraboa da iniciativa.

José Paz Paz, Presidente CDR Portas Abertas.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-05-2009 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
PORTAS ABERTAS PARTICIPA NO MESTRADO EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL DA UTAD EN CHAVES
O pasado venres, 15 de maio, o CDR Portas Abertas participou nunha mesa redonda do mestrado en animación sociocultural da UTAD, convidados polo Prof. Dr. Xerardo Pereiro.
Foi un intercambio de visións e experiencias en torno ao Medio Rural: pasado, presente e futuro.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-05-2009 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
PORTAS ABERTAS O DOMINGO 22 DE MARZO NA TVG
O CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS DE MONTERREI CONSEGUE O PREMIO AGADER 2008.

O xurado encargado de outorgar os premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural 2008 acordou distinguir con estes galardóns ao Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas de Monterrei, á cooperativa Bocarribeira Trasalbina e ao proxecto Labregos Daiquí. O premio especial para a mocidade concedéuselle á asociación para o desenvolvemento rural sostible O Grelo Verde.
ESCOITA

POR ISTE MOTIVO VIÑERON FACER UNHA REPORTAXE DA NOSA HISTORIA E DAS NOSAS ACTUACIÓNS NA COMARCA, VÉMOLO NA:

TELEVISION DE GALICIA
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-03-2009 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0