CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS



A PLATAFORMA NACIONAL DE ONG valora o esforzo de COCEDER-Confederación de Centros De Desarrollo Rural, por traballar en acadar a maior CALIDADE posible.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-08-2010 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
ASAMBLEA DE COCEDER E HOMENAXE A DIGNO, 20 ANOS DE PORTAS ABERTAS
A Asamblea Xeral de COCEDER do 2010 celebrouse en Vivares (Badajoz, no 2009 fora en Vilardevós), e ata alá nos desprazamos os 20 CDRs de toda España, e a maiores de aprobar contas, ver programacións, etc, coñecemos a experiencia do CDR CERUJOVI con actuación de parte da poboación de Vivares (mulleres maiores-Las Chicas de oro- xóvenes, infancia...), fixoselles unha homenaxe a membros xa xubilados pero activos coma MIGUEL do CDR EIRADA, a JESULE do CDR LA HALLADERA, EMILIO do CDR LA SAFOR, e a DIGNO do CDR PORTAS ABERTAS que recolleu o agasallo en exclusiva dun escultor vallisoletano.
O próximo ano iremos a Palencia, a Amayuelas.

Serviu para analizar ao medio rural e a súa exclusión, para comprobar novas accións a desenvolver de COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO EN GUINEA BISSEU, para compartir, para coordinarnos, e para coñecernos entidades rurais dos distintos puntos do territorio español.





NOVA DA ASEMBLEA EN "EXTREMADURA AL DÍA"

DESCUBRIMOS XUNTO CO C.D.R. CERUJOVI-Centro Rural Joven Vida- UN MEDIO RURAL DISTINTO AO GALEGO, VIMOS COMO SE TRANSFORMOU NA POSTGUERRA UNHA TERRA CO "PLAN BADAJOZ" (HOXE HAI QUEN AFIRMA QUE FOI POSITIVO E QUEN AFIRMA QUE NON), AMOSAMOS UNS VIDEOS CURIOSOS FEITOS POR UNHA TELEVISIÓN DE ALEMAÑA:




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-06-2010 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
COCEDER en Galicia (CDR O VISO, CDR PORTAS ABERTAS e CDR EIRADA) xunto con ONGs Galegas.

As ONGs galegas veñen de presentar en Santiago a campaña de concienciación aos/ás contribuíntes para que marquen a X Solidaria de fins sociais na súa declaración da renda.

Co obxectivo de seguir aumentando o número de contribuíntes que apostan por marcar a X Solidaria, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual en Galicia (FADEMGA), a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD), a Fundación Secretariado Gitano, a Confederación de Centros de Desarrollo Rural (COCEDER) e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), únense este ano de novo para reforzar a información dirixida á cidadanía baixo o lema Non te esquezas. Marca a X Solidaria

O sector solidario impulsor desta Campaña considera vital que, nun contexto de crise financeira que actualmente afectados aos colectivos máis vulnerables e desprotexidos, se sega incrementando a recadación da cota íntegra dos contribuínte para Fins Sociais.

O sistema de asignación tributaria do IRPF é, polo tanto, un instrumento esencial da política social do Estado para a loita contra a exclusión social que, ademais, non custa nada ao contribuínte. É dicir, marcándoa non van cobrar máis nin van devolver unha cantidade de euros distinta, xa que a cifra destinada e eses fins sae unicamente dos impostos retidos polo Estado. O feito de marcar esta casiña de Fins Sociais non exclúe de marcar tamén a da Igrexa Católica. Neste caso, marcando as dúas, destinarase o 0,7% da cota a fins sociais e outro 0,7% á Igrexa.

No conxunto do estado español son catro as plataformas que apoian esta campaña: Plataforma de Voluntariado de España, Plataforma de Organizacións de Infancia, Plataforma de ONG de Acción Social e Coordinadora Española de Organizacións non Gubernamentais para o Desenvolvemento.

En Galicia as entidades que impulsan esta inicitiva son:

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Entidade sen ánimo de lucro posta en marcha en 1990, declarada de utilidade pública e recoñecida legalmente como entidade colaboradora en materia social en favor das persoas con discapacidade física. Está constituída por catro federacións provinciais e por preto de 50 asociacións comarcais e locais, o que a converte na entidade máis representativa do colectivo de persoas con discapacidade en Galicia.

Federación de Asoc. das Persoas con Discapacidade Intelectual en Galicia (FADEMGA). Cun total de 41 asociacións galegas federadas, FADEMGA FEAPS GALICIA está integrada na Confederación FEAPS (Confederación Española de Organizacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual). Conta con preto de 4.700 persoas con discapacidade intelectual, 10.000 asociados, 87 centros que ofertan máis de 170 servizos e 1.377 profesionais ademais de superar os 1.200 voluntarios.

Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD). Institución sen ánimo de lucro que nace en 1991 co obxectivo de dar a coñecer á cidadanía galega o traballo das ONGD con presenza na nosa comunidade. En xaneiro de 2009, había inscritas no rexistro galego de ONGD 185 organizacións, das que 48 están integradas na Coordinadora.

Fundación Secretariado Gitano.
Entidade social sen ánimo de lucro que presta servizos para o desenvolvemento da comunidade xitana en todo o estado español e no ámbito europeo. Comezou a traballar nos anos 60 e constituíuse como Fundación en 2001.

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)
É unha entidade sen ánimo de lucro fundada en 1979 e, na actualidade, está integrada por sete asociacións. A súa misión é asegurar o desenvolvemento global das persoas xordas de Galicia en condicións de accesibilidade universal e igualdade de oportunidades

Confederación de Centros de Desarrollo Rural (COCEDER). Entidade sen ánimo de lucro formada por un conxunto de Centros de Desenvolvemento Rural (CDR que traballa en proxectos de desenvolvemento rural promovendo a participación activa da poboación local mediante a cooperación e o voluntariado social.

Convidamos a que nos espazos dos medios de comunicación, nas webs, blogs, etc, se visibilice esta información que se pode descargar na seguinte páxina MARCA FINES SOCIAIS

CUN PEQUENO XESTO AS COUSAS CAMBIAN: Non te esquezas, marca a X Solidaria
X SOLIDARIA



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-05-2010 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREGA DO PREMIO AGADER 2008 - UN BO AGASALLO CANDO COMPRIMOS 20 ANOS
O Presidente José Paz participa de xurado na elección do PREMIO AGADER 2010



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-04-2010 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
REFORESTACIÓN ÁREAS DEGRADADAS EN SOUTOCHAO-O.S. CAIXA GALICIA
A comunidade de montes de SOUTOCHAO-Vilardevós e
OBRA SOCIAL CAIXA GALICIA, a través dun proxecto de Educación Ambiental e fomento da participación na reforestación de áreas degradadas, están levando a cabo, con centros de ensino de toda Galicia, a plantación de castiñeiros nos montes de Soutochao.

Portas Abertas como entidade de información e orientación no emprego (Apoiada por Obra Social Caixa Galicia) colaborou na búsqueda de monitores/as locais para que participaran coa empresa Terranova no desenvolvemento desta iniciativa.

Esperamos que as plantacións de castiñeiros duren moitos anos e non sexan pasto dos incendios forestais.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-04-2010 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
X SOLIDARIA

MAIS INFORMACIÓN DA CAMPAÑA

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 29-03-2010 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
ORIENTACIÓN, FORMACIÓN E PROMOCIÓN DO AUTOEMPREGO


O CDR Portas Abertas está a levar a cabo o proxecto "Orientación, formación e promoción do autoemprego" financiado por Obra Social Caixa Galicia, no cal estanse a desenvolver algunhas das seguintes actuacións:
-Bolsa de emprego, que conta cos seguintes servizos:
Publicación no taboleiro de anuncios de ofertas de emprego actualizadas diariamente.
Publicación de información sobre formación e becas actualizadas semanalmente.
Realización e envíos de currículos.
Orientación laboral.
Proporcionar ás empresas que así o desexen posibles candidatos/as para as vacantes que oferten.
- Preparación para as probas de competencias clave, un requisito para os novos certificados de profesionalidade.
- Alfabetización dixital de persoas adultas.
- Apoio escolar a menores, tódolos martes durante dúas horas, en Vilardevós, estase a traballar con menores en materia de reforzo escolar.


C.D.R. PORTAS ABERTAS... CLASES PARA A ESCOLA DA VIDA
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-02-2010 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
COLABORAMOS NA XORNADA "A SAÚDE DAS MULLERES", SÁBADO 6 DE FEBREIRO.
A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "ENTRE NÓS" DE VILARDEVÓS ORGANIZA UNHA XORNADA PARA O SÁBADO 6 DE FEBREIRO DE 2010, ÁS 17.00H, NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO CONTRABANDO.

A PONENTE DE PRESTIXO NESTE CAMPO É DNA. ELOINA NÚÑEZ MASID, XERENTE DO COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE CON RAÍCES EN VILARDEVÓS.

ESTA XORNADA "A SAÚDE DAS MULLERES" ESTÁ FINANCIADA POLA CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR.



AO REMATE, CUNHA ASISTENCIA DE MEDIO CENTEAR DE MULLERES, DISFRUTAMOS DO DOCUMENTAL "PEGADAS DE MULLER" EDITADO POR FEMURO SOBRE MULLERES DA COMARCA DE MONTERREI E LIMÍTROFES.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 05-02-2010 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
NOVOS PROXECTOS E CONVENIOS PARA O 2010
NOVA NA REXIÓN
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-12-2009 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
CONVENIO CON OBRA SOCIAL CAIXA GALICIA
O VENRES 18 DE DECEMBRO 2009, o CDR Portas Abertas, xunto con outras entidades sociais de Galicia, asinará en Vigo un Convenio para levar a cabo o proxecto ORIENTACIÓN, FORMACIÓN E PROMOCIÓN DO AUTOEMPREGO financiado a través da IV CONVOCATORIA DE AXUDAS A PROXECTOS SOCIAIS 2009-PROXECTOS DE ATENCIÓN E EMPREGO DE PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-12-2009 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0