CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


OBRADOIRO DO TEAR EN OIMBRA
Outro ano mais o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas foi convidado a participar na Feira do Pemento de Oimbra, este ano ata alá se achegaron as pezas artesanais confeccionadas polas mulleres que participan no Obradoiro de Tear desta entidade.

Compartimos o día con outros artesanos, bodegueiros e agricultores da zona.

Unha pequena mostra da nosa participación.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-07-2011 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
PORTAS ABERTAS NA XXI ASAMBLEA ANUAL DE COCEDER
O 27 de maio de 2011 representantes dos Centros de Desenvolvemento Rural de diversas rexións españolas reuníronse en Carrión de los Condes, para valorar a actuación de COCEDER no ano 2010 e planificar as actuacións no 2011.

Durante o 2010 cabe destacar o traballo realizado en pro da eficacia e eficiencia na xestión da Confederación, para o cal completouse un primeiro proceso de autoavaliación, obtendo un informe de homologación en EFQM cunha puntuación entre 225-250, que permitiru definir tres plans de acción.

Tamén se traballou na cohesión e o fortalecemento, coa participación de membros dos CDRs, voluntariado e equipo técnico, definindo e elaborando diversos documentos base de axuda metodolóxica para traballar no medio rural.

Despois da XXI Asamblea realizamos unha visita ao CDR "Carrión de los Condes? e aos programas que leva esta entidade.

Por último asistimos ao Foro ?La otra historia del mundo rural?, celebrado no Municipio Ecolóxico "Amayuelas de Abaixo", que tivo como ponente a Félix Rodrigo Mora, estudoso do mundo rural, escritor e autor do libro ?Naturaleza, ruralidad y civilización?, co que polemizamos, debatimos e pasamos unha entrañable noite.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-06-2011 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
AGROINDUSTRIA LOCAL E XUVENTUDE

O pasado dÍa 19 e 20 de Maio, a través dunha colaboración entre a Asociación CDR Portas Abertas e COLEXIO SEMINARIO APOTÓLICO MERCEDARIO DE VERÍN, fíxose unha actividade formativa de achegamento do Alumnado á Agroindustria Local.

Para iso, o Xoves pola tarde, celebrouse unha charla expositiva da realidade da Agroindustria da Comarca de Monterrei, e a sua proxección cara o Século XXI, e xa o Venres, co fin de que poideran acreditar ?in situ? o falado o día anterior, fíxose unha viaxe a tres iniciativa locais exemplarizantes, nas que os propietarios, explicaron a súa actividade e responderon as preguntas plantexadas polos alumnos.

As instalacions visitadas foron:

ECOAGRO S.L., productores e comercializadores de plantas hortícolas, forestais e ornamentais.

Agroalimentarias Antonio Martín S.L. industrias adicadas a curación e comercialización de Xamóns, derivados, e outros produtos agroalimentarios.

E a bodega Quinta do Buble S.L. bodega produtora e comercializadora de viñas de D.O. Monterrei.

A comunidade escolar, Portas Abertas e as empresas, remataron satisfeitas por esta pequena colaboración, nas que se trata de que todos sexamos moi conscientes do nosos texido productivo, das nosas potencialidades e oportunidades.

Portas Abertas, a través desta quere agradecer ao Colexio S. Apostólico Mercedario, e a Ecoagro, Antonio Martín e Quinta do Buble, as facilidades prestadas para o desenvolvemento desta actividade.




Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 29-05-2011 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
FUNDACION GALICIA EUROPA PROMOVE UN CONCURSO FOTOGRÁFICO
A Fundación Galicia Europa, que ten apoiado distintos proxectos do CDR PORTAS ABERTAS (no verán de 2010 Vacacións Europeas) convoca por terceiro ano consecutivo o seu certame fotográfico, neste 2011 sobre as diversas formas de participación social na nosa comunidade baixo o título ?Galeg@s: cidadanía activa?, unha temática ligada ao Ano Europeo do Voluntariado 2011.
As persoas fotógrafas afeccionadas galegas ou residentes en Galicia maiores de 18 anos poderán presentar ata o 17 de xuño unha única instantánea, en cor ou branco e negro, que xire arredor dun destes catro eixes:

Asociacionismo xuvenil: implicación da mocidade galega nos asuntos sociais.

Voluntariado: actividades que redunden no benestar das nosas comunidades.

Ecoloxismo: accións encamiñadas á defensa e conservación do medio ambiente.

Valores democráticos: actos de rexeitamento da violencia, de solidariedade cos desfavorecidos?

Un xurado composto por persoas do mundo da imaxe e da cultura elixirá unha serie de obras finalistas de entre as cales seleccionará tres gañadoras, ás que se concederán premios por valor de 500, 300 e 200 euros. Este conxunto de imaxes formará parte dunha exposición que organizará a FGE unha vez coñecido o fallo.


ATOPA NA WEB DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA AS BASES
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-05-2011 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
COCEDER EN SANTIAGO NA CAMPAÑA X SOLIDARIA
NOVA A PARTIRES DO MINUTO 12.


NA GALEGA




CUN PEQUENO XESTO AS COUSAS MUDAN...QUERES VELO
MARCA FINS SOCIAIS

EAPN - GALICIA
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-05-2011 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
X SOLIDARIA

COCEDER e o CDR Portas Abertas apoiando a campaña da X SOLIDARIA



X SOLIDARIA from xsolidaria on Vimeo.

NON CHE COSTA NADA.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-04-2011 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
Charla sobre seguridade no fogar en Vilardevós

O día 18 de abril ás 17:00 horas no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós, levarase a cabo unha charla de seguridade no fogar impartida polos axentes da Garda Civil e dirixida prioritariamente ás persoas maiores co obxectivo de evitar os roubos e as estafas dos que están sendo vítimas.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-04-2011 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
CHARLAS SOBRE SEGURIDADE PARA AS PERSONAS MAIORES

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas colabora ca Garda Civil na organización dunha charla para persoas maiores, sobre seguridade, que será levabada a cabo o vindeiro martes 15 de febreiro ás 17:00 na antiga escolar unitaria de Arzádegos.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 11-02-2011 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
NOVAS DAS ACCIÓNS A DESENVOLVER

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-02-2011 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
CREMOS NOS MILAGRES, BOAS FESTAS
E NOS AGASALLOS TAN FERMOSO COMA ESTE QUE NOS FIXERON AS AMIGAS E AMIGOS

DA TRASTENDA DO CRA DE MONTERREI




DESEXAMOS FELICES FESTAS A TODO O MUNDO, EN ESPECIAL A JIPIJAPA-ECUADOR, E AOS BLOGS AMIGOS:

FEMURO

O GRELO VERDE

BARBON BLOG

COCEDER

SEGIREI

E MOITOS + + + + +
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-12-2010 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0