CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


O SAÍR DE CLASE... XUNTÁMONOS

O CDR Portas Abertas segue a ofertar obradoiros para os más cativos/as en Verín e Vilardevós.
Durante o curso escolar póñense en marcha diversas actividades extraescolares como apoio e reforzo escolar, informática, animación a lectura, aprendizaxe lúdico, etc.

Para máis información e inscrición:
Verín-988989508
Vilardevós-988417232
rural@cdrportasabertas.org.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-09-2012 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
CONTO DE CONSUMO RESPONSABLE
O pasado 2 de agosto pola mañá a escola galega de consumo, un ano máis colaborou nas actividades que o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas está levando a cabo cos nenos/as en Vilardevós e Verín, impartindo o obradoiro "Conto de Consumo Responsable".

O aprendido pode ser de moita utilidade sobre todo na situación actual, é preciso que os nenos/as aprendan que non sempre se pode conseguir todo o que se quere e os pais/nais que aprendan a dicir que non.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-08-2012 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
XORNADA MULTICULTURAL PARA DESPEDIR OS CURSOS DE ALFABETIZACIÓN E INICIACIÓN Á INFORMÁTICA.
O pasado venres alumnado inmigrante dos cursos de castelán, galego e alfabetización, organizaron unha xornada gastronómica multicultural, na que cociñaron un prato típico do seu país.
Probamos sabores de Brasil, Marrocos e República Dominicana, de todo tipo: arroces, empanadas, cuscús, cordeiro, pan, doces, té?. ¡¡e todo boísimo!!

O alumnado invitou a familiares e amizades e pasamos unha xornada na que ademáis entregamos os diplomas dos diferentes cursos: alfabetización, castelán (nivel I e nivel II), e iniciación á informática.

Todos e todas quedaron moi satisfeitos pola recompensa ao seu esforzo e prometeron voltar en setembro?

¡Agora toca desfrutar das vacacións!

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-06-2012 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Centros de Desarrollo Rural (COCEDER) con ONGs Galegas polo X Solidario na declaración da renda.
Representantes de Organizacións non Lucrativas Galegas presentamos este venres día 4 de maio a Campaña X SOLIDARIO que cada ano leva a cabo o sector solidario para concienciar ás/aos contribuíntes sobre a necesidade de marcar o cadro de Fins Sociais na declaración da renda e contribuír así co 0,7% da súa cota íntegra a programas dirixidos aos colectivos máis desfavorecidos.

Na situación actual, esta Campaña ten aínda maior relevancia. Os recortes en programas e servizos de acción social poñen en perigo a cohesión social e o benestar da poboación en situación de pobreza e exclusión, cada vez máis numerosa. As políticas solidarias teñen unha dimensión económica, e en consecuencia, non supoñen unicamente un gasto, senón tamén unha inversión.

No acto de presentación da Campaña X Solidario coordinada polas principais plataformas galegas que representan ás ONGs, estiveron presentes o Vicepresidente de EAPN Galicia, Xosé Cuns, o Tesoureiro de EAPN Galicia, Antonio Hernández e Solo Cámara, beneficiario dun dos programas financiados con cargo a esta asignación tributaria en Galicia, ademais de membros doutras entidades sociais.

O ano pasado, recadáronse en Galicia a través da cadro Fins Sociais 13,6 millóns de euros. Se todos os contribuíntes galegos marcaran a casiña de fins sociais, a cantidade de cartos destinados aos proxectos para as persoas máis desfavorecidas incrementaría en 12 millóns de euros, co que a cantidade final destinada sería de 25,8 millóns de euros.

Grazas ao 0,7% do recadro Fins Sociais, en España hai máis de 5.000.000 persoas beneficiarias dos programas sociais que se desenvolven a través do recadado. Os colectivos aos que van destinados estes programas teñen que ver coa infancia, a mocidade, as mulleres, os maiores, as persoas con discapacidade, persoas con drogodependencia, persoas afectadas pola Sida, o pobo xitano, persoas reclusas e ex reclusas, programas para a inclusión social, migrantes e persoas beneficiarias de proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Como sinalou Solo Cámara na rolda de prensa, participar nun destes programas ofreceulle a oportunidade de atopar un traballo e regularizar así a súa situación no noso país.

Co obxectivo de seguir aumentando o número de contribuíntes que apostan por marcar a X Solidaria, EAPN Galicia-Rede Galega contra a pobreza, a Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual en Galicia (FADEMGA), a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD), a Confederación de Centros de Desarrollo Rural (COCEDER) e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), únense este ano de novo para reforzar a información dirixida á cidadanía baixo o lema: ?Cun pequeno xesto as cousas cambian... queres velo??

O sector solidario impulsor desta Campaña considera vital que, nun contexto de crise financeira que afecta aos colectivos máis vulnerables e desprotexidos, se siga incrementando a recadación da cota íntegra dos contribuínte para Fins Sociais.

O imposto da renda é o único que permite que a cidadanía poida decidir o destino dunha porcentaxe de impostos que xa lle foron retidos. Isto non quere dicir que se teña que pagar máis ou que se lle devolva menos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-05-2012 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
X SOLIDARIA NA DECLARACIÓN DA RENDA: Nin pagas + nin che devolven -
Dende PORTAS e COCEDER-Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural, e numerosas entidades sociais representadas na Plataforma nacional de ongs que traballamos para o desenvolvemento persoal e social animámosvos a que agora máis ca nunca risquedes a X SOLIDARIA NA DECLARACIÓN DA RENDA.







Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-04-2012 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
COCEDER RECOMENDA BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS.
BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-03-2012 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
PARTICIPAMOS NA GALA MUSICO-LITERARIA EN VERÍN POLA PAZ E DE CASTELAO

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-02-2012 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
ABRINDO PORTAS: QUINTA DA MURADELLA
Dende o CDR Portas Abertas estamos orgullosos da proxección dun membro da nosa asociación JOSE LUIS MATEO pola súa faceta profesional e personal, a de viticultor, chegando a levar o nome de MONTERREI, BERRANDE ou ATRAVE ben
lonxe, xa non digamos o viño destes lares.

Caracterízase pola humildade, o traballo e a perseverancia na calidade do que fai, é unha filosofía de vida, na que en ocasións (coma nun curso recente) nos fai partícipes. Parabens dos que compartimos e impulsamos un rural vivo.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-01-2012 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
MULLER E SAÚDE

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-01-2012 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO PARA NENOS E NENAS


O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas inscribiuse nos Obradoiros da Escola de Consumo, que o luns 29 de agosto achegouse ao Centro de Interpretación do Contrabando(Vilardevós), para ofrecerlles aos nenos e nenas do medio rural o Obradorio "A nosa fábrica de xoguetes" e "Imos crear un videoxogo".

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-08-2011 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0