CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


CHARLA SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO


Unha veintena de persoas asisten a charla coloquio impartida por Xerardo Dasairas sobre Roberto Vidal Bolaño, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o 17 de maio no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós.

"Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade en 2002. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do "Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía actual "Teatro do Aquí", pasando pola breve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profesionais, superando de vez a pantasma de "amador" que parara sempre sobre a historia do noso teatro.
A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non empeceu en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos, nos que as resonancias de Otero Pedrayo e Valle Inclán se transforman en esmaltes que enriquecen a súa literatura e agasallan ao lector.
A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios ("Abrente", "O Facho" e "Ciudad de Valladolid"), como aconteceu con outros integrantes do "Grupo Abrente", o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu até os anos noventa, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses ("Rafael Dieste", "Alvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92", "Eixo Atlántico", "María Casares"...), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consecuencia, do público.
A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos, cuxas consecuencias se verán co trancorrer do tempo.
A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-05-2013 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DAS LETRAS GALEGAS. ROBERTO VIDAL BOLAÑO.


Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o 17 de maio, o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas organiza unha charla coloquio acerca da vida e obra do autor o que está adicado tal día, ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
Esta charla é impartida por Xerando Dasairas Balsa e terá lugar o venres 17 de maio ás 19:00h no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós.

ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR!
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-05-2013 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO XADREZ. OPEN DE REBORDOCHAO

O vindeiro domingo 12 de maio celébrase o torneo de xadrez organizado pola Associaçao Cultural e Desportiva de Rebordochao e a Associaçao de Xadrez de Vila Real con apoio da Junta de Freguesia de Bornes de Aguiar e a colaboración do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas.

A competición realizase no Salón Nobre da Junta de Freguesia nas Pedras Salgadas. As inscricións son gratuitas e o xogo realizase polo sistema suízo de 7 sesións, no ritmo semirápido de 12 minutos.

Información e inscricións no Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas na rúa Mariano Carrero, 10 Verín ou no teléfono 988989508
Comentarios (2) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-05-2013 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
PROBAS AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE

O pasado venres 19 de abril saiu publicada no DOG a Resolución do 10 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

A través da páxina da Consellería de Traballo e Benestar podedes acceder a tódala información ao respecto e descargar a solicitude para poder presentala ata o día 3 de maio. As listas de admitidos sairán o 30 de maio para as cais abrirase un periodo de alegacións ata o día 4 de xuño e finalmente os exames terán lugar no Recinto Feiral de Silleda o días 22 de xuño para as competencias clave de nivel 2 e 23 de xuño para as competencias clave de nivel 3.

O Centro de Desenvolvemento segue a preparar para ditas probas, os martes e xoves polas mañáns, as competencias de lingua galega, lingua castelán, tecnoloxía, ciencias, matemáticas e dixital. Para máis información 988417232 e 988989509.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-04-2013 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
PARTICIPACIÓN NO CURSO MEDIACIÓN E XESTIÓN DE CONFLICTOS


A pasada semana o CDR Portas Abertas colaborou no curso de "Mediación e xestión de conflictos" da Uned organizado polo Concello de Verín.
Tamara Balboa, traballadora social de esta entidade participou no obradoiro "Bullyng, mediación e violencia en imaxes" no que cuestionou os/as participantes e reflexionou acerca da película Precious.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-04-2013 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
DISTINCIÓN A PORTAS ABERTAS POLO PLAN TURÍSTICO

Analizado o traballo desenvolto polo CDR Portas Abertas na dinamización turística da Comarca de Monterrei, sobre todo das Rutas do Contrabando de Vilardevós e o Centro de Interpretación, con actividades medioambientais e de promoción do entorno entre grupos, cursos, centros de ensino...e poboación en xeral, recibimos unha distinción por este traballo dende PUERTAS DE GALICIA.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-04-2013 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIROS DE NADAL

Durante as vacacións de nadal o CDR Portas Abertas pon en marcha uns obradoiros de nadal dirixidos a nenas e nenos nos que a través de diversas actividades desenvolvan a súa creatividade e imaxinación.
Os días 26 e 27 de decembro e o 2 e 3 de xaneiro polas mañás, en horario de 11:00h a 13:00h, na casiña de Portas Abertas, Rúa Mariano Carrero 10 Verín. Información e inscrición no teléfono 988989508.


Mantemos as actividades extraescolares polas tardes.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-12-2012 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: Ao sair de clase...xuntámonos
Xa levamos así todo o curso escolar 2012/2013 Ao saír de clase... xuntámonos, de luns a xoves en horario de 17.30h a 19:00h con grupos de nenos e nenas que disfrutan das actividades extraescolares, levadas a cabo na Casiña de encontro de Portas Abertas na Rúa Mariano Carrero, 10 en Verín, no casco vello.

Os luns deixamos voar a nosa imaxinación para crear coas nosas mans xoguetes, adornos...

Os martes practicamos con outras linguas: Hello! What´s your name?...

Os mércores reforzamos esas materias nas que patinamos un pouco ou un moito.

E os xoves achegámonos as novas tecnoloxías, dende a mecanografía ao uso razonable de internet.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-12-2012 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
COMPETENCIAS CLAVE A EXAME.

Tras 3 meses de preparación para os exames das Competencias Clave de Nivel II, nas que as alumnas recibiron formación dos contidos de seis competencias: matemáticas, lingua galega, lingua castelán, ciencias, tecnoloxía e dixital necesarias para acceder as accións de formación dos novos certificados de profesionalidade de nivel II dentro da formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia; o pasado sábado 24 de novembro presentábanse os exames que tiñan lugar durante todo o día en Silleda.

Esperando que os resultados obtidos sexan do máis favorable, estes poderanse consultar no seguinte enlace COMPETENCIAS CLAVE


Esta actividade formativa foi financiada pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo (FSE), no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2007-2013, Eixe 2 e tema prioritario 71, cunha taxa de cofinanciamento por parte do FSE do 80%.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-11-2012 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
REMATA O CURSO DE CAIXEIRO/A

O pasado 9 de novembro rematou o curso de caixero/a iniciado en outubro dentro do noso proxecto de inclusion social.
Tras 55 horas teóricas nas que se abordaron os módulos de operatividade de caixa terminal punto de venta, a comuniación e comportamento do vendedor/a e comportamentos ligados a seguridade e hixiene e máis o curso de manipulador/a de alimentos (este último proporcionado polos equipos de inclusión socio-laboral). As alumnas realizaron 85 horas de prácticas nas Tendas D y D, tras a firma dun convenio de colaboración do CDR Portas Abertas con esta empresa de Verín, a cal mostrou o seu interés por seguir a colaborar con nós.
Por todo elo, o noso agradecemento o responsable Miguel Diéguez polo seu interese e colaboración.

Esta actividade formativa foi financiada pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo (FSE), no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2007-2013, Eixe 2 e tema prioritario 71, cunha taxa de cofinanciamento por parte do FSE do 80%.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-11-2012 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0