CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


CHARLA SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO


Unha veintena de persoas asisten a charla coloquio impartida por Xerardo Dasairas sobre Roberto Vidal Bolaño, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o 17 de maio no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós.

"Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade en 2002. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do "Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía actual "Teatro do Aquí", pasando pola breve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profesionais, superando de vez a pantasma de "amador" que parara sempre sobre a historia do noso teatro.
A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non empeceu en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos, nos que as resonancias de Otero Pedrayo e Valle Inclán se transforman en esmaltes que enriquecen a súa literatura e agasallan ao lector.
A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios ("Abrente", "O Facho" e "Ciudad de Valladolid"), como aconteceu con outros integrantes do "Grupo Abrente", o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu até os anos noventa, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses ("Rafael Dieste", "Alvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92", "Eixo Atlántico", "María Casares"...), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consecuencia, do público.
A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos, cuxas consecuencias se verán co trancorrer do tempo.
A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-05-2013 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DAS LETRAS GALEGAS. ROBERTO VIDAL BOLAÑO.


Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o 17 de maio, o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas organiza unha charla coloquio acerca da vida e obra do autor o que está adicado tal día, ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
Esta charla é impartida por Xerando Dasairas Balsa e terá lugar o venres 17 de maio ás 19:00h no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós.

ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR!
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-05-2013 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO DE CESTERÍA

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas está a organizar obradoiros de cestería para todas aquelas persoas interesadas en coñecer uns dos oficios tradicionais na nosa cultura; aprendendo a elaborar cestos empregando materiais como o mimbre e a tireta.
Cunha duración de 30 horas e un horario por convir cos/as interesados/as.

Os primeiros obradoiros terán lugar no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós e no Centro situado na rúa Mariano Carrero, 10 en Verín.

Para máis información e matrícula nos teléfonos 988717232 ou 988989508
Comentarios (0) - Categoría: OBRADOIROS TEAR E CESTERÍA - Publicado o 06-05-2013 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO XADREZ. OPEN DE REBORDOCHAO

O vindeiro domingo 12 de maio celébrase o torneo de xadrez organizado pola Associaçao Cultural e Desportiva de Rebordochao e a Associaçao de Xadrez de Vila Real con apoio da Junta de Freguesia de Bornes de Aguiar e a colaboración do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas.

A competición realizase no Salón Nobre da Junta de Freguesia nas Pedras Salgadas. As inscricións son gratuitas e o xogo realizase polo sistema suízo de 7 sesións, no ritmo semirápido de 12 minutos.

Información e inscricións no Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas na rúa Mariano Carrero, 10 Verín ou no teléfono 988989508
Comentarios (2) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-05-2013 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
PROBAS AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE

O pasado venres 19 de abril saiu publicada no DOG a Resolución do 10 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

A través da páxina da Consellería de Traballo e Benestar podedes acceder a tódala información ao respecto e descargar a solicitude para poder presentala ata o día 3 de maio. As listas de admitidos sairán o 30 de maio para as cais abrirase un periodo de alegacións ata o día 4 de xuño e finalmente os exames terán lugar no Recinto Feiral de Silleda o días 22 de xuño para as competencias clave de nivel 2 e 23 de xuño para as competencias clave de nivel 3.

O Centro de Desenvolvemento segue a preparar para ditas probas, os martes e xoves polas mañáns, as competencias de lingua galega, lingua castelán, tecnoloxía, ciencias, matemáticas e dixital. Para máis información 988417232 e 988989509.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-04-2013 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
PARTICIPACIÓN NO CURSO MEDIACIÓN E XESTIÓN DE CONFLICTOS


A pasada semana o CDR Portas Abertas colaborou no curso de "Mediación e xestión de conflictos" da Uned organizado polo Concello de Verín.
Tamara Balboa, traballadora social de esta entidade participou no obradoiro "Bullyng, mediación e violencia en imaxes" no que cuestionou os/as participantes e reflexionou acerca da película Precious.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-04-2013 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
A CAZA DO AMOR. NANCY MITFORD


O vindeiro martes 16 de abril ás 16:00h no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós, o club de lectura Portas Abertas volve a reunirse para comentar a obra de Nancy Mitford, A caza do Amor.
Nesta novela, Nancy Mitford emprega elementos reais da súa extravagante e famosa familia para construir o relato.

A acción ábrese no salón de Alconleigh, a casa de campo dos Radlett. Ante os nosos ollos van desfilando os distintos membros da familia: o malhumorado pai, tío Matthew, cos seus violentos e cómicos estalidos de cólera e os seus curiosos pasatempos, como organizar cacerías nas que as pezas son algún dos fillos…; a ausente e devota nai, Sadie; e os sete fillos que xunto a súa prima Fanny forman unha estrafalaria e divertidísima familia. Pero realmente é a xoven Linda Radlett e a súa permanente busca do amor o auténtico centro desta historia. A través das súas páxinas acompañarémola nas súa azarosa conquista e coñeceremos ós distintos homes nos que pensou atopalo.

O texto desprega o famoso inxenio satírico e a extraordinaria capacidade da autora para reconstruir o ambiente, a vida e as persoas nos círculos aristocráticos ingleses de entreguerras. Un libro inteligente y divertido, que, aunque pudiera gustar simplemente por lo que es: una novela vibrante y mordaz, es también un verdadero trozo de vida.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 13-04-2013 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
PESCA SUSTENTABLE NO CENTRO COOPERATIVO DE PAZOS

Dende "Portas Abertas" e o "Grelo Verde" animamos ás persoas interesadas nunha alimentación responsable a que acudan o SÁBADO 13, ÁS 16.00H á presentación do grupo de biólogos/as O CANTO DA BALEA , no Centro de Cooperativismo de Pazos.
Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 09-04-2013 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
REUNIÓNS DO GRELO VERDE NA CASIÑA DE PORTAS
Igual que outras asociacións e grupos O GRELO VERDE, asociación ecolóxica e de promoción do consumo responsable, reúnense en ocasións na Casiña céntrica e sita no casco vello de Verín de Portas Abertas, temos un convenio con esta asociación para promoción de actuacións relacionadas coa agricultura e alimentación ecolóxica e sostible.

Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 09-04-2013 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
DISTINCIÓN A PORTAS ABERTAS POLO PLAN TURÍSTICO

Analizado o traballo desenvolto polo CDR Portas Abertas na dinamización turística da Comarca de Monterrei, sobre todo das Rutas do Contrabando de Vilardevós e o Centro de Interpretación, con actividades medioambientais e de promoción do entorno entre grupos, cursos, centros de ensino...e poboación en xeral, recibimos unha distinción por este traballo dende PUERTAS DE GALICIA.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-04-2013 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal