DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

USOS PERIGOSOS DE INTERNET
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/un-cada-tres-adolescentes-galegos-contactou-desconecidos-internet-un-cada-10-quedou-eles/idEdicion-2014-09-03/idNoticia-887858/

Despois de ler atentamente a noticia, responde a estas cuestión de comprensión:
1. Explica o significado destas frases con outras palabras:
“Os mozos non enmarcan certas condutas dentro desta denominación”
“Voluntario, anónimo e confidencial”
“Resaltou a representatividade do estudo”
“Que se remitirá aos centros públicos e concertados”
“Risco de adicción”
“Non están exentas de perigo”
“Reitor da USC”
2. Menciona brevemente os usos problemáticos de internet entre os adolescentes galegos (cada un nun máximo dunha liña)
3. Cal destes usos é o maioritario entre os adolescentes galegos?
4. Cal destas afirmacións é a verdadeira?
-Os mozos galegos usan menos internet que a media europea.
-Hai máis usos perigosos de internet entre os mozos/as das vilas e cidades que os das aldeas.
-Esta enquisa crese que non reflicte fielmente a realidade dos usos de internet entre os mozos/as galegos/as.
5. Cando, como e onde se conectan os mozos/as a internet sobre todo?
6. Que responsabilidades teñen os pais/nais nisto?
7. Reflexionemos sobre as seguintes cuestións de norma gramatical, ortográfica ou léxica?
-Uso das comiñas en “caldo de cultivo” e en “grooming”
-Reparamos e comentamos as seguintes palabras: malia, estean, conduta, niveis, saiban, cobre (cubrir), porcentaxe, móbil, revelar.
-Corriximos os seguintes castelanismos: *baladí, *estudio, *chantajeando
8. Valora o que se comenta no texto debatendo na aula:
-Cres que os datos da enquisa se poden aplicar ao teu contorno?
-Que riscos e que vantaxes ten o uso de internet para ti?
-Como se poderían evitar os riscos do uso de internet?
9. Redacción:
“O día que perdín o móbil e que non tiven internet”
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 05-09-2014 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
A PRAIA DAS CATEDRAIS EN PERIGO
PARA COMEZARMOS:
Olla este vídeo con atención:



RESUME:
Le esta noticia que trata sobre este tema e resúmea brevemente:

http://praza.gal/movementos-sociais/7701/a-ultima-moda-absurda-que-dana-as-catedrais/

LEMBRA:

Seguindo a lectura da noticia, indica cales son as palabras correctas correspondentes aos seguintes castelanismos: *A COSTUMBRE, *HASTA, *CONVERTIR,
*ROCA, *ESO, *INDESEABLE.

INVESTIGA:
Despois de ler a noticia e ver o vídeo, responde as seguintes cuestións, axudándote dos enlaces que tes a continuación:
1. Onde se sitúa a praia das Catedrais?
2. Cal é o seu nome oficial?
3. Que é un parque natural?
4. Cales son os que hai en Galicia? Cales son os que se pretenden crear?
5. Que limitacións ten para a actividade humana a declaración de Parque Natural dun territorio?
6. Cal deles está no Macizo Central Ourensán? Cal está preto da cidade de Vigo? Cal é o que temos máis preto de Cesures? Cal limita con Portugal? E con Castela-León? Cal inclúe no seu territorio un famoso mosteiro?
http://gl.wikipedia.org/wiki/Praia_de_Augas_Santas

http://gl.wikipedia.org/wiki/Parque_natural

http://www.turgalicia.es/parques-naturais?langId=gl_ES

http://www.redenatura.eu/faq

DEBATE:
Estás de acordo en limitar certas actividades económicas para preservar un espazo natural? Por que?

REDACTA:

Escribe a túa opinión sobre este tema:
Débense adoptar medidas de protección da praia das Catedrais? Cales?

AUDICIÓN E VISIONADO:

Escoita atentamente este fragmento de telexornal da TVG e responde ás seguintes cuestións:

http://www.crtvg.es/informativos/a-xunta-propon-limitar-o-acceso-as-catedrais-a-5-000-persoas-896504

1. Decide cal destas é a afirmación verdadeira:
-A Xunta aproba unha lei que permite a entrada de 5000 persoas diarias á praia das Catedrais.
-A Xunta fai unha proposta para debater na que propón que entren á praia das Catedrais un máximo de 5000 persoas en tempada alta.
-A Xunta propón que sexan como máximo 5000 persoas o número de visitantes permitidos ao longo da Semana Santa e o verán.

2. Cales son as cinco medidas que propoñen os resposables da Xunta para protexer a praia?

3. Cando se pretende aplicar este plan da Xunta?

4. Explica o significado de:
-En tempada de máxima afluencia.
-Mellorar as infraestruturas que xa hai.
-Propón un aforo de entre 2000 e 5000 persoas.
-Conservación da matogueira.

5. DEBATE:
Estás de acordo coas medidas propostas? Botas en falta algunha?
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 05-09-2014 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal